Profile Cursors

miércoles, 13 de abril de 2011

ABRIL, O MES DOS LIBROS

Dende o día 1 de abril comezamos a celebrar este mes adicado aos libros. Para conmemorar o día do libro infantil (2 de abril) fixemos unha representación de títeres na biblioteca: "Cocorico" (en 3 anos)e "Cocorico do revés" (4 e 5 anos).
O día 4 de abril fomos ao teatro, vimos unha representación que encandilou aos nenos e nenas.
O 5 de abril tamén tivemos a sorte de poder contar no centro cun contacontos e poidemos desfrutar con "A historia dun rei que tivo 4 fillas".
Ademáis estamos a realizar unha actividade especial "Salvemos un libro" porque un mago malvado agochou todos os libros que hai no mundo e só podemos salvar un. Cada neno ou nena elexirá na casa coa súa familia aquel que máis lle guste, memorizaráo e ilustraráo ante do 11 de abril e á volta das vacacións de Semana Santa faremos o reconto e saberemos cal é o conto elexido polos nenos e nenas da EEI San Roque de Viveiro.
Finalmente o 27 de abril e para conmemorar o Día do Libro (23 de abril) voltaremos ao teatro para desfrutar cunha nova obra teatral "A Caixa de Nuk".

No hay comentarios:

Publicar un comentario