Profile Cursors

martes, 17 de mayo de 2011

SALVANDO LIBROS ¿Que libro salvarías ti?



Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito. Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se trasmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.
A EEI San Roque de Viveiro, despois de someter a votación entre os nenos/as do centro o libro finalista foi... "¿A QUE SABE A LÚA?" de Michael Grejniec,
xa que é un fermoso conto que fala da axuda, amizade, colaboración, esforzo...pero tamén das ilusións e dos soños.
"Como a tartaruga poderemos subir á montaña mais alta e arrincar un anaquiño de lúa para compartir cos compañeiros e amigos"
E aquí tedes algúns dos debuxos feitos:
        

E o libro gañador e salvado foi "Cocorico" escrito por Marisa Núñez e ilustrado por Helga Bansch.
Aquí tedes uns enlaces onde podedes atopar a información:
http://mesturas.blogspot.com/2011/05/letras-galegas-2011-salvando-libros.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario