Páxina web da nosa escola

viernes, 24 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO, DÍA POLA IGUALDADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

         Hoxe no cole San Roque celebramos o Día pola Igualdade contra a violencia de xénero. Por este motivo, realizamos ao longo de toda a semana diferentes actividades que podedes ver a continuación: 



Creamos un Recuncho pola Igualdade, con contos coeducativos da nosa biblioteca! Desfrutamos moito coa súa lectura!




Realizamos uns robots con motivo do mes da ciencia na biblioteca, recordando que TOD@S SOMOS PERSOAS, IGUAIS POR DENTRO!



Colaboramos con outros centros creando un mural conxunto, no cal plasmamos as nosas mensaxes de rexeitamento contra a violencia de todo tipo e a favor da igualdade, a través do hashtag #equaliter.


 Finalmente, no día de hoxe visitounos o coro do CEP Lois Tobío que nos ofreceu un fermoso concerto co cal desfrutamos coa súa MÚSICA POLA IGUALDADE.
MOITAS GRACIAS, ENCANTOUNOS!!!!

Desde o Claustro queremos recordar que apostamos pola Educación en Valores como un medio para conseguir implicar aos pequenos e pequenas na creación dun mundo máis xusto para TOD@S.

NON Á VIOLENCIA MACHISTA!!!!

martes, 14 de noviembre de 2017

ROBOTS NA BIBLIOTECA !

     
     Con motivo da celebración do mes da ciencia nas bibliotecas escolares e do Samaín, os nenos e nenas do cole San Roque elaboraron, xunto coas súas familias, uns robots moi divertidos e sorprendentes.

     Hai creacións de todo tipo: guitarreiros, luminosos, fachendosos, asustados, feroces...

   Desde o claustro queremos agradecer a colaboración de todas as familias neste proxecto, animando aos vosos fillos e fillas no camiño de aprender.

     Aquí vos deixamos unha mostra da nosa exposición.  GRACIAS!