"A lingua escrita non atopou aínda ningún camiño máis atractivo, máxico e cheo de cor como os libros de contos", Gianni Rodari
▼
Páxina web da nosa escola
▼
miércoles, 24 de enero de 2018
GUÍA DE LECTURA DÍA DA PAZ
Xa que o día 30 de xaneiro celebraremos o Día da non Violencia Escolar e da PAZ, LIBRÍN recoméndavos algúns contos para fomentar nos vosos nenos e nenas actitudes de respecto polas diferencias individuais entendéndoas como unha riqueza para todos e todas, o valor da amizade ou a importancia de poñerse no lugar dos demais.
Temos claro que o camiño para conseguir un mundo máis xusto é a educación en valores desde pequenos.
Esperemos que desfrutedes moito destes contos tan fermosos!
lunes, 22 de enero de 2018
VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS
Este curso está cheo de novidades, e entre elas, a nosa participación no proxecto "Viaxe ao reino das emocións".
A través desta viaxe, coñeceremos as emocións básicas aprendendo a recoñecelas en nós mesmos e nos demáis, tratando así de desenvolver as intelixencias intrapersoal e interpersoal.
Consideramos a educación emocional na escola como o mellor camiño para educar en valores, tratando de espertar a empatía no alumnado, formando nenos e nenas capaces de cambiar as inxustizas, xa que, tal e como di César Bona "as portas das escolas deben estar abertas, non só para que os nenos entren, senón para que as súas ideas saian e transformen o mundo".
Comezamos a nosa viaxe!
miércoles, 17 de enero de 2018
ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR
Queremos darvos unha nova!
Durante este curso, algúns membros do claustro de mestres estanse a formar no proxecto do PLAMBE "Escornabots na biblioteca escolar 2017/2018".
Os escornabots son uns robots que nos axudarán a traballar diversos contidos cos nenos e nenas dunha forma lúdica, motivadora e creativa, ademais de achegalos ao mundo da robótica.
Aquí vos deixamos unha mostra das primeiras sesións de formación nas que as mestras estivemos a montar estes "escornabots".
Próximamente comezaremos a experimentar cos rapaces e rapazas nas aulas, e poderedes compartir con nós esta aventura a través deste blog.
COMEZAMOS !!!!
viernes, 12 de enero de 2018
COMEZAMOS UN NOVO TRIMESTRE!
O comezo do novo trimestre ven cargado de proxectos, novas e ilusións.
Celebraremos o día da Paz, o Entroido, o día da Poesía, o día da muller traballadora e o día de Rosalía, e seguiremos a desenvolver e a investigar sobre o noso proxecto integral da biblioteca escolar "Aprendendo a pensar a través das emocións", así como sobre o proxecto de Voz Natura " Espertando ao maio".
Ademais, a partir deste trimestre os nenos e nenas de tres anos e as súas familias poden comezar a facer uso da nosa biblioteca de LIBRÍN todos os lunes e mércores de 16:00 a 17:00, así como do sistema de empréstitos despois de realizar a formación de novos usuarios, e comezarán tamén a desfrutar das distintas actividades que se promoven desde o Equipo da Biblioteca Escolar, como a mochila viaxeira, entre outras.
De seguro que será un trimestre cheo de novas aprendizaxes e experiencias que desexamos compartir con todos vós!
Por agora, deixámosvos unha mostras dos nenos e nenas probando na mesa de luz o que lles deixaron no cole os Reis Magos, todo é desfrutar!