Páxina web da nosa escola

jueves, 20 de junio de 2019

" LIBROS E POESÍA NO VERÁN, NAS MERENDAS COMA O PAN"

LIBRÍN RECOMENDA LECTURAS PARA AS MERENDAS NOS DÍAS DE BO, DE MAL E DE REGULAR TEMPO XA QUE NECESITAMOS LIBROS, CONTOS E POESÍA COMO PAN PARA MERENDAR.




" LIBROS E POESÍA NO VERÁN, NAS MERENDAS COMA O PAN"

CONTACONTOS POLA IGUALDADE E A INCLUSIÓN

Recibimos a Raquel Queizás unha marabillosa contacontos, trouxonos unha morea de historias:

Imagen relacionada Imagen relacionadaResultado de imagen de la mitad de juan
Imagen relacionada
 
Todas as nenas e nenos e tamén as mestras pasamolo moi, moi ben.


A comunidade educativa tamén  disfrutou na biblioteca con Raquel, dun obradoiro sobre xeitos de contar.


martes, 11 de junio de 2019

DIVERSIDADE= IGUALDADE E INCLUSIÓN

O traballo de meses e meses, baixo a guía de Gay Lagar, deu o seus frutos e o noso centro  e o noso patio, podemos decir, que é cada vez  máis dinámico e inclusivo.
O vindeiro curso faremos novas propostas e implementaremos xogos cooperativos,  días de xogos,... todo ó que axude na formación e felicidade de todo o alumnado.







A POESÍA QUE SENTIMOS

Un ano máis a exposición dos traballos das comunidades educativas das bibliotecas PLAMBE da Mariña foi un éxito, tanto na xornada de inauguración como na clausura.
Na xornada de inauguración acompañounos a Conselleira de Educación Dª Carmen Pomar e outras autoridades que veñen acudindo ano tras ano.
As nenas e nenos de 6º de Infantil do noso centro recitaron unha fermosa poesía creada pola compañeira Rocío Fernández Novo, e a pequeña ANA dixo unhas palabras xunto a unha nai de Alfoz e alumnos  do IES María Sarmiento.
 Tanto pola actuación como polo poema recibimos moitos parabéns.
Esperamos  o vindeiro curso seguir colaborando e facendo posible a implicación das familias de toda a Mariña na creación e unión entre arte e literatura.





sábado, 1 de junio de 2019

ARTE, EMOCIÓNS E INCLUSIÓN

A nosa colaboración con "Tá en ARTES" participando no Proxecto anual " A palabra pintada, a pintura escrita", homenaxe a Suso Peña e ao comic, deu os seus frutos nun marabilloso traballo colaborativo entre todas e todos as nenas e nenos. Xuntando  moitas das propostas e técnicas do seminario no que participou a nosa compañeira Jacinta Fernández con profesorado que están dentro deste proxecto. .
A proposta, xunto coa doutros centro, pódese contemplar na exposición do CENIMA en Foz estes días, animamos a visitala.

 Traballamos moitas técnicas plásticas que nos levaron a facer unha proposta  interniveis, que xunta poesía, emocións, a linguaxe con pictogramas e técnicas do comic. Presentamos duas obras - cubos que levan por titulo: “ A poesía pintada con esmaltes de emocións” e “Pinceladas de emocións”. Estes dados servirán para crear tantas historias como os xugadores e o azar queiran.