Páxina web da nosa escola

miércoles, 4 de septiembre de 2019

NOVO CURSO, NOVAS ILUSIÓNS

Pasa o tempo e arrancamos un novo curso cheo de ilusións e de proxectos. Seguiremos traballando cos nosos centros vecinos, intercambiando pequenas e grandes ideas, proxectos, ilusións,... e sobretodo moitas, moitas ganas de que as escolas sexan un lugar onde todas e todos podamos vivir experiencias compartidas, lecturas, inquedanzas, traballo, diversión,... todo o que se queira, e que fagan que o entorno, a sociedade, as nosas nenas e nenos , as familias, as compañeiras e compañeiros vivamos en paz e axudemos a mellorar o mundo.