Páxina web da nosa escola

lunes, 25 de noviembre de 2019

25 NOVEMBRO

Sempre debemos recordar a necesidade de que todas as persoas, as nenas e nenos, poden facer as mesmas cousas e ser libres de elexir e decidir, sempre respetando aos demais e axudando aos que ó necesitan. Pero para visualizalo na celebración do 25 N ( data na que asasinaron as irmáns Mirabal en 1960)  "Día Internacional pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero" cada aula traballou unha palabra clave e un debuxo, que hoxe formaron un gran puzzle moi significativo e baixo o titulo de :

IGUÁL - T  +  INCLÚE - T

Palabras clave: SOCIEDADE, DIVERSIDADE, VISIBILIDADE
                           IGUALDADE, SUPERACIÓN, INCLUSIÓN





lunes, 18 de noviembre de 2019

MALETA VIAXEIRA POLA DIVERSIDADE

O curso pasado disfrutamos da maleta viaxeira pola Inclusión, este curso solicitamos da Asesoría de Bibliotecas Escolares a maleta viaxeira "LECTURA E DIVERSIDADE C" que nos permite coñecer e disfrutar de libros e lecturas que axuda ao noso proxecto de centro.

Algúns destes materiais xa están entre os fondos da nosa biblioteca pero outros moitos aínda non, polo que contar coa maleta permítenos saber a opinión das nenas e nenos e mercar os que máis lles gusten, os máis axeitados,... para que toda a nosa comunidade educativa poda disfrutar deles.


sábado, 9 de noviembre de 2019

LIBERA LIBROS

Temos na  bilioteca un novo espazo chamado LIBERA LIBROS, un lugar importante  onde todas e todos podemos liberar un libro durante todo un mes.  Un libro que consideramos especial e/ou nos gustou moito, e polo tanto facémolo visible e recomendámolo a toda a comunidade educativa.
Cada mes este recanto contará cunha pequeña cantidade de libros que recomendan  as titoras, as metras e mestre , as nais , os pais ou calquera que visite a nosa biblioteca.



lunes, 4 de noviembre de 2019

POLO SAMAÍN CIDADANÍA, CONTACONTOS, EXPOSICIÓNS

Polo Samaín tivemos una morea de actividades:
-exposicións de contos de monstros.
-exposicións de cabazas, que as nosas alumnas e alumnos fixeron en familia, e daban moito medo.
-contacontos: " A MALETA DA AVOA" con Raquel Queizás.
Asemade  a nosa biblioteca encheuse de familias que compartiron unha marabillosa tarde de outono con Raquel Queizás, falando de DIVERSIDADE, IGUALDADE E INCLUSIÓN e creando historias a través dos obxectos que todas e todos aportamos.
Pasámolo de MEDO!!!