Páxina web da nosa escola

jueves, 29 de octubre de 2020

DESDE A BIBLIOTECA POLO SAMAÍN

Aproveitando a chegada da estación escura e a celebración do Samaín preparamos no cole  moitos xogos, contacontos, murais, actividades, unha nova canción cedida por Iván ( un papá artista  ao que lle damos as grazas pola súa colaboración sempre desinteresada )e que nos gustou moito, tamén recomendacións lectoras, emoción por disfrazarnos...un sin fin de cousas que nos dan moito medo e moita risa

 Asemade poñemos en marcha a primeira actividade de:

  ANALIZANDO CONTOS E CURTAS

para as nenas e  os nenos, para as mestras, para Pablo e tamén para todas as familias, un primeiro videoconto que esperamos  guste moito. Familias animámosvos a participar desta actividade respostando as preguntas que nos deixa a bruxa protagonista do conto:




Ao final do conto a bruxa farta de comer  carne de  esquio, coello, golpiño e rato estaba féliz e contenta, pero quedou con pouca voz do moito que parolou co ogro. Asi que deixavos aquí as preguntas, para que despois de motio darlle aos miolos, as respostedes escribindoas en comentarios neste blogue e asi Librín e a bruxa coñecezan o voso parecer:

1º- CANDO PENSADES QUE ESTABA MÁIS GUAPA?.
2º- CANDO LLE GUSTABA MÁIS AO OGRO?.
3º- QUERÍA CAMBIAR DE ASPECTO, SACARSE A  XOROBA , O NARIZ GRANDE COMO UNHA PATACA, O BICO PUNTIAGUDO, AS GUEDELLAS DE ALAMBRES. PARÉCEVOS QUE ISO ESTÁ BEN OU MAL? . QUERÍA  FACELO DE VERDADE OU CONVENCÉRONNA PARA FACELO?.
4 -ºQUEN LLE RECOMENDOU CAMBIAR PARA GUSTARLLE MÁIS AO OGRO?. 
5º- FIXOLLES CASO?.
5º- CANDO SE SENTIÚ MELLOR, MÁIS FÉLIZ E MÁIS CONTENTA?.
6º- DEBEMOS CAMBIAR OS NOSO GUSTOS POR QUE NO LO PIDAN OS DEMÁIS ?.

E agora para pasar un pouco de medo escoitade con atención o que pasou na biblioteca:



E por último Librín fai unhas achega de contos para disfrutar do Samaín no cole e na casa:





lunes, 26 de octubre de 2020

CELEBRANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS

Esta semana e para recordar a celebración do Día das bibliotecas poñemos en marcha moitas das actividade da nosa biblioteca de Librín.

Comezamos polas MOCHILAS VIAXEIRAS MÚLTIPLES que sairon hoxe cara as casas das nenas e nenos, a volta permanecerán de cuarentena pero  sairán outras novas.

AS NOVAS MOCHILAS



CAMIÑO DAS CASAS




CON MOITAS SORPRESAS DENTRO

Tamén celebramos o aniversario da nosa mascota facendo uns mouchiños coma él.

  

MARCAPÁXINAS FEITOS CON MOITO AGARIMO


sábado, 24 de octubre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS - 24 DE OUTUBRO

 Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón. 

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 


Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR , quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construciónn da  persoa lectora  a través de distintas actividades de distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa, que a ten sempre ao seu carón. Este lema é aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración  (Texto que aparece no blog de BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, das que formamos parte activa).

A biblioteca pública de Viveiro, que está ao noso carón, tamén  celebra este día cun agasallo para as nenas e aos nenos que collan en préstamo un libro.



  


lunes, 19 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe día 19 de outubro o noso centro convirteuse nunha revindicación da muller en Igualdade. Recordamos e falamos de escritoras, tivemos sesións en streaming cunha mamá escritora e fixemos un pequeno traballo plástico.




martes, 6 de octubre de 2020

O CONTO DE LIBRÍN



LIBRÍN CONTANOS UN CONTIÑO PARA RECORDARNOS COMO IR E QUE FACER 
NA NOSA BIBLIOTECA



 

domingo, 4 de octubre de 2020

PROTOCOLO NA BIBLIOTECA DE LIBRÍN

 A NOSA BIBLIOTECA ESTÁ EN MARCHA, PASENIÑO, PASENIÑO. LIBRÍN AGÁRDANOS A TODAS E TODOS CON MOITA ILUSIÓN, PERO ANTES DEBEMOS SABER COMO ACTUAR