Páxina web da nosa escola

lunes, 23 de noviembre de 2020

CAMIÑOS CARA A CIENCIA EN IGUALDADE

 No mes da CIENCIA o noso centro encheuse de xogos a modo de experimentos, de maxía, de emocións, de hipótesis,... descubrir e sacar conclusións é todo un reto. 

Parécenos que estamos a sementar a curiosidade do noso alumnado en igualdade e fomentando a inclusión sempre presente . Seguiremos esta andaina que tanto nos gusta, pero tamén queremos convidarvos a que nas casas e en familia fagades pequenos e divertidos experimentos. Para iso tamén iremos deixando nesta presentación algunha proposta


miércoles, 11 de noviembre de 2020

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 

Hoxe 13 de novembro recordamos que é o Dia das Librarías, das nosas, das da vila. Xa que nestes momentos resulta importante apoiar ao pequeno comercio dos pobos e das cidades, que sempre estiveron ao carón de nós. Polo que Gati, Gatuxo a mascota amiga de Librín recomenda mercar un libro para facer experimentos sinxelos. 






O mundo do futuro necesita científicas e científicos e que mellor que galegos, así que desde a biblioteca de Librín imos facer achegas de libros para que tanto nas aulas como nas casas fagamos moitos experimentos, despertando a curiosidade científica entre as nosas nenas e nenos. Quen sabe! igual algún ou algunha será a descubridora de vacinas, máquinas, ...que axuden a sociedade do futuro


   

 

jueves, 5 de noviembre de 2020

COMPARTINDO NA MICRORREDE: T-LEMOS

Os centros educativos que formamos parte da Microrrede da Mariña comezamos a compartir experiencias, cantigas, contos,...na actividade que leva por nome:

T-LEMOS

 Compartimos esta primeira actividade co CEIP de Cervo, toda unha nova experiencia moi satisfactoria para o alumnado participante neste primeiro encontro en streaming. O alumnado de 5º de primaria agasallounos cunha cantiga do magosto que usaremos para o do cole, o noso alumnado de 6º tamén cantou unha cantiga as nenas e nenos de Cervo.  Esperamos repetir en moitas outras ocasións ao longo deste curso.