Páxina web da nosa escola

lunes, 21 de diciembre de 2020

NUN NADAL ESPECIAL, ANALIZANDO CONTOS E CURTAS

Rematamos este primeiro trimestre no que tivemos a sorte de estar xuntos xogando, aprendendo, cantando,...e no que Librín estivo moi contento de escoitar as voces e as risas das nosas nenas e dos nosos nenos. Tamén está moi contento do moito que participaron das propostas, dos contos, das curtas, e por iso quere deixar un novo conto de Nadal e unha nova curta. E tamén unhas cantas preguntas que podedes respostar cando queirades ( xa sabedes abaixo no lápis). Pero nestas merecidas vacacións sobre todo quere  que xoguedes moito, cantedes panxoliñas, axudedes un pouco aos maiores e que o pasedes moi, moi ben. Xa sabe que o Apalpador, Papá Noel ou os Reis Magos deixarán algún que outro agasallo.

UN CONTO DE NADAL:

ONDE ESTÁN AS RAIÑAS DE ORIENTE?



PREGUNTAS:

1º-ONDE VIVIA NUN E QUE ERA O QUE MÁIS LLE GUSTABA DO ANO?.
2º-QUE  ERA O QUE QUERÍA SABER E NON LOGRABA AVERIGUAR?.
3º-POR QUE MOTIVO PENSADES QUE QUERÍA AVERIGUAR ONDE ESTABAN AS RAIÑAS?.
4º- QUE PENSABA A XENTE EN QUE ESTABAN OCUPADAS AS RAIÑAS?.
5º-QUE ERA O QUE FACIAN EN REALIDADE AS RAIÑAS?.
6º-QUE LLES PIDEU NUN AOS REIS MAGOS? .
7º-GUSTARÍACHE SER ALGUNHA DAS TRES RAIÑAS?. 
8º- PARÉCEVOS NECESARIAS PARA QUE NOS VISITEN OS REIS CADA ANO?.
9º-COMO REMATA O CONTO?
10º-GUSTOUCHE?.POR QUE?

Librín tamén vos anima a mirar as estrelas nas noites sen nubes como a raiña blanca, a debuxar mapas dos camiños que percorredes a diario da casa ao cole como a raiña loira, e a imaxinar, inventar e deseñar máquinas como a raiña de raza negra para que axuden aos Reis a viaxar rápido cos seus camelos e con todos os agasallos. 
Os debuxos desas máquinas podedes mandalos ao correo alumnossanroque@gmail.com

UNHA CURTA: 

HISTORIAS QUE NOS UNEN


PREGUNTAS:

1º-DE QUEN ERA O MICKEY?

2º-POR QUE SE PUXO TRISTE A ÁVOA?

3º-QUE PASOU AO FINAL?


Para os maiores do cole quere poñervos un reto do que falaremos a volta das vacacións:

INVESTIGAR SOBRE.

a)-  OS PEREGRINOS QUE FAN O CAMIÑO

b)- O CAMIÑO DO MAR 

c)- QUE PODEN VISITAR OS PEREGRINOS QUE PASEN POR VIVEIRO.

Podedes mandar fotos e debuxos ao correo de Librín:

familiassanroque@gmail.com


domingo, 20 de diciembre de 2020

POR UN NADAL DIFERENTE, ESPECIAL, CHEO DE LUZ E COR : ACHEGAS E RECOMENDACIÓNS

 Este é un NADAL diferente por iso quixemos facer propostas cheas de luz e de cor. Enchendo as nosas máscaras de sonrisos de papel ou tela, as fiestras de flores do inverno, ciclámenes ( a flor do amor profundo), tamén pintándoas con adornos de Nadal e cantando cancións do  "O APALPADOR" , "O MEU NADAL PERFECTO" e" CANDO É NADAL" , estas dúas últimas do papá sempre colaborador Iván Vale.

Todo o profesorado participou tamén nas propostas do equipo da biblioteca facendo a toda a nosa comunidade educativa tanto achegas lectoras como un vídeo animando  a pedir como agasallo neste Nadal xoguetes creativos e sen pilas.








martes, 8 de diciembre de 2020

INCLÚE-T, POR UN NADAL CHEO DE LUZ, COR E AMOR

Comenzamos o Nadal retomando un conto que pensabamos traballar no terceiro trimestre do curso pasado, un conto da Asociación FASOCIDE, que fala da discapacidad funcional e da superación, titulase:

 " UNA VARITA PARA DULCE" ( pincha, podese ser un bo agasallo de Nadal)

Retomamos o vídeo que durante o confinamento nos enviou a familia Blanco Fernández e que tanto nos gustou a todas e todos.

 


Gracias a este conto aprendimos a diferencia entre os distintos tipos de variñas que levan algunhas persoas pola rúa, e tamén o significado das distintas cores que teñen. Pintámolas nas fiestras dos corredores, por un NADAL NINCLUSIVO, e como a variña de Dulce a maxía do amor puxelles moitos corazóns.


   



  


martes, 1 de diciembre de 2020

INCLÚE-T

 O  3 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE e dende a nosa escola non podemos deixar de recordalo cada ano, ainda que o noso é un traballo diario en favor da DIVERSIDADE, DA IGUALDADE E DA INCLUSIÓN. 

MANIFESTO DO DÍA DA DISCAPACIDADE 2020-  PLENA INCLUSIÓN ( pincha aquí)

Para este día o equipo da biblioteca ten unha achega de contos, curtas para ver na escola e na casa, unha nova proposta de  ANALIZANDO CONTOS E CURTAS con unhas cantas preguntas para todas e todos. Pero tamén queremos sumarnos a proposta de 80 entidades sociais de Galicia que xuntas, por quinto ano consecutivos, queren reivindicar neste día os dereitos das persoas con calquer tipo de discapacidade, co lema:

 BAIXO O MESMO PARAUGAS - pincha  aquí, invitámosvos a participar, seguides as sinxelas instruccións , directamente e/ ou tamén podedes  mandar unha foto ao whatssapp do cole ( preferiblemente foto artística baixo o paraugas e sen verse as caras)


Proposta ANALIZANDO CONTOS E CURTAS, participa!!!:

PIP


PREGUNTAS ( as respostas pinchando no lapis ao final desta entrada):

 1º- QUEN É PIP?.

 2º-CANDO SE SINTE CONTENTO?,E CANDO TRISTE?.

 3º- QUE QUERÍA CONSEGUIR?.

 4º-POR QUE NON PODIA FACER O MESMO QUE OS DEMAIS?.

 5º-QUE LLE AXUDOU A CONSEGUIR O QUE QUERÍA?.

 6º-QUE ERA O QUE MÁIS LLE GUSTA FACER AOS CANS GUÍAS E A PIP?.

 7º- E IMPORTANTE AXUDARLLE AOS DEMAIS?. POR QUE RAZÓN?.


ACHEGA DE LIBROS RECOMENDADOS, DOS MOITOS QUE TEN LIBRÍN:




OUTRAS CURTAS INTERESANTES: