Páxina web da nosa escola

lunes, 21 de junio de 2021

XEOGRAFÍAS LECTORAS PARA RESPIRAR NO VERÁN: BOOKTUBERS

 O curso chega ao seu fin, voltaremos en setembro con moitos proxectos xa en mente para seguir avanzando. Queremos desexarlle o mellor ao alumnado que marcha, pero non de todo, seguiremos conectados, como non pode ser doutro xeito.

Agora chega o verán e as vacacións, mentras Librín poñerá en orde a biblioteca para que o vindeiro curso esté perfecta para recibirvos, pideunos que vos recomedaramos contos, xogos,...lecturas para respirar mentras descansamos.

Moitossss bicossss



Esperamos que vos gusten algunhas das recomendacións.

BO VERÁN


domingo, 6 de junio de 2021

VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É. REVINDICANDO O CAMIÑO DO MAR

 Queridas familias achegase o final dun curso moi difícil para todas e todos pero pensamos que a nosa Comunidade educativa, da que sodes parte fundamental, superouno con éxito.

Si recordades , os que levades aquí tres curso, a nosa biblioteca forma parte da que chamamos

                      MICRORREDE DA MARIÑA ( aquí podedes ver o blog e toda a nosa historia de colaboración e traballo conxunto como agrupación de bibliotecas PLAMBE da comarca, pero temén todos os traballos da exposición virtual deste curso.)


cartel elaborado pola alumna de 3º da ESO do IES Perdouro de Burela:  

Lidiana de Pina Sanches

Cada curso as aportacións e traballos dos centros que compoñemos esta Microrrede xiraban ao redor dun tema sobre literatura, arte,...e remataban cunha exposición colectiva no noso Concello cos traballos de centos de alumnos e comunidades educativas, desde Alfoz a Vicedo. As circunstancias actuais  obrigaron a dar un xiro a nosa proposta pero seguimos adiante, polo que este mes podedes ver os marabillosos traballos feitos nos coles da Mariña a través da fiestra que supón para todos o  blog da Microrrede.

A nosa aportación  é o traballo realizado polo alumnado sobre a nosa localidade, uníndonos a reivindicación con outros centros e co Concello, para a oficialización do CAMIÑO DO MAR dentro do XACOBEO 21-22. 

QUEREMOS AGRADECER A TODAS AS FAMILIAS PARTICIPANTES A VOSA COLABORACIÓN E AXUDA IMPRESCINDIBLE PARA A ELABORACIÓN DESTA PEQUENA GUÍA.

GRAZAS!!!!!



VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É de jacintafernandez3