Páxina web da nosa escola

viernes, 29 de octubre de 2021

XOGANDO CO MEDO EN POUCAS PALABRAS

 Estes días estamos MORTOS DE MEDO, pero Librín ensinounos unha formula máxica para asustalo:

"Respiramos tres veces e o MEDO escapa pola fiestra do susto"

Tamén coa axuda das familias a escola apareceu chea de ARAÑAS, de esas que asustan un pouquiño¡.  Coa axuda das mestras e de Pablo tamén se encheo de contos terroríficos, e non tanto, as veces o medo convertese en risa e pasamos a estar  MORTOS DE RISA¡.





E coma sempre por estas datas para  celebrar o Samaín, e a chegada da estación escura, Librín deixanos o conto  A CASA ENFEITIZADA e unhas recomendacións lectoras, espera que  disfrutedes moito.





Como LIBRÍN tamén sabe que estaredes de ponte  aquí tedes unhas propostas culinarias para a fin de semana:














lunes, 25 de octubre de 2021

BIBLIOTECA EN PALABRAS

 Polo  DÍA DA BIBLIOTECA Librín deixounos un pequeno conto que espera disfrutedes moito.

Quere saber o voso parecer sobre que podemos facer na biblioteca, para que a usamos, quen nos pode axudar a buscar un libro, que é iso dos prestamos,...  e tamén que usedes preciosas palabras para poñerlle un título o conto que Librín vos deixa aquí:


Librín quere recomendar contos que vos poden gustar nestas datas nas que se achega o Samaín:


 

As nenas e nenos tamén fixeron para esta celebración e levaron as súas casas un mouchiño para colgar na porta da súa habitación, con moita información para as familias.











miércoles, 20 de octubre de 2021

ESCRITORAS EN PALABRAS

 Vimos de celebrar o DÍA DAS ESCRITORAS cunha morea de actividades:

-un fermoso contacontos da escritora local MARÍA ROLLE que nos contou un conto cheo de misterio, propio destas datas.

-falamos do nome das escritoras que enchen a nosa biblioteca de contos con moitas palabras.

-escribimos como o facian as escritoras doutros tempos, cunha maquina de escribir¡.

-recordamos as palabras poéticas de ANISIA MIRANDA , aprendimos o seu poema: A  ARAÑA  TECE (ANIMAIS DOS QUE ESTAMOS A INVESTIGAR, RECREAR EN FAMILIA, CONTAR HISTORIAS,...).






MARÍA AGASALLOUNOS CUNHA FERMOSA LECTORA, XA QUE SEN ELAS O SEU TRABALLO NON TEN VALOR. Lbrín dache as grazas pola colaboración e polo fermosísimo agasallo. Prometeu contarnos o seu conto de piratas diferentes


                                               



martes, 5 de octubre de 2021

PALABRAS

Comezamos de novo e seguindo o lema da Asesoría para este curso " A biblioteca escolar ten a palabra" a nosa biblioteca de Librín énchese de palabras, palabras máxicas, especiales, novas, felices, verdes,....PALABRAS PARA MELLORAR O MUNDO. Baixo este título temos unha morea de proxectos de innovación cos que pretendemos axudar ás familias na creación de hábitos de vida saudable física e mental, traballando o respeto pola igualdade e a diversidade e a concienciación do coidado do medio natural e cultural que nos rodea, sempre xogando e divertíndonos como a mellor metodoloxía para aprender, utilizando sempre a palabra como unha das nosas fortalezas. 

Comenzamos coas palabras que nos levanron a imaxinar e debuxar un amigo de Librín que nos traerá moitas sorpresas chamado VERDECONTOS SALVATERRA



Verdecontos era diferente. Cando chegaba polos corredores da escola non sabiamos moi ben cal era a súa cor, pero a medida que se achegaba a nós, entrando na aula daquel xeito tan especial, nada parecido ás persoas, podíamos comprobar que traía todos os verdes e algún que outro azul. Era distint@, divertid@, sempre estaba de bo humor,  cantando e brincando todo o tempo… que como o sabíamos?? Porque as súas cores brillaban moi forte, tanto que case tiñamos que pechar os ollos, igual que cando vai moito sol.

Verdecontos era diferente, moi , moi diferente. O que máis lle gustaba era contar contos, por iso era moi amigo de Librín. Pero non calqueira conto, só aqueles que nos falaban da natureza,, dos seres vivos, das árbores, da auga, das plantas… e diso nós non sabemos nada, ou sí??