Páxina web da nosa escola

domingo, 30 de enero de 2022

A PAZ SEN FRONTEIRAS, NOS CANTARES, NA PALABRA FEITA POESIA

 Traballamos a PAZ no día a día e celebrámola especialmente o 30 de xaneiro DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ. Este ano realizamos un traballo colaborativo, entre todas as aulas elaboramos unha pomba moi especial, baixo o lema A PAZ SEN FRONTEIRAS, nos cantares, na palabra feita poesía.

A PAZ SEN FRONTEIRAS dando o noso apoio as TANXUGUEIRAS xa que a súa canción fala de eliminación das fronteiras imaxinadas, todos somos seres humanos que habitamos a mesma Terra.



A PAZ sen fronteiras a  través da palabra feita poesia,  escollidas por cada grupo clase e recitadas para toda a nosa comunidade educativa.

                                                          



A PAZ sen fronteiras cantando, bailando, experimentando, creando potentes imaxes,...




E por útimo Librín tamén fai unhas recomendacións lectoras moi acordes aos tempos que estamos a vivir no noso continente



lunes, 10 de enero de 2022

LECTURA E FAMILIAS

 Comezamos novo ano e novo trimestre con boas novas, a nosa biblioteca ben de ser seleccionada, unha das 50 de todo Galicia, para desenvolver o programa LECTURA E FAMILIAS que nos permitirá realizar actividades para e con todas a comunidade educativa. 

Librín está moi pero que moi contento de que o noso proxecto fora seleccionado e espera que este programa sexa do agrado de todas e todos. De todas as propostas e actividades iremos informando puntualmente nos seguintes meses e ata rematar o curso.



Recordade que a vindeira semana retomamos o servizo de préstamos non só para as nenas e nenos tamén para todos os membros da familia. 

Neste novo trimestre Librín tamén quere comezar  cun videoconto que nos achegou unha antiga alumna e que se titula    

O SEGREDO DE FLORA


Dende aquí queremos darlle as gracias a Mariña por seguir acompañándonos e invitamos a outros antigos alumnos a que nos manden os seus contos si o desexan.