Páxina web da nosa escola

lunes, 28 de marzo de 2022

UN MES CON MOITAS PALABRAS

 Dentro do noso PDI "PALABRAS PARA ENTENDER O MUNDO" este mes está sendo moi intenso con moitas palabras sobre poesía, natureza, diversidade,...diversión, xogo e aprendizaxe.

A poesía encheu de palabras rimadas a nosa escola e tivemos un encontro especial con ANTÓN CORTIZAS, coa súa poesía, o seu bo facer co papel e os xoguetes tradicionais.




Celebramos a diversidade, que nos completa e fai mellores como sociedade, polo Día Mundial do Sindrome de DOWN, con contos, cine, xogos... Eleximos o conto O cazo de  Lorenzo para traballar nas aulas. Tamén fumos ao cine invitados polo Concellería de Cultura a ver en primicia Valentina, premiada co Goya a mellor película de animación 2022




Celebramos a Natureza  e a necesidade de coidala polo Día da Árbore e polo Día da Auga, plantamos nogueiras no parque Pernas Peón, fixemos murais e actividades que nos axudan a ver a importancia destes dous elementos para a nosa vida a través de poesías , contos e obradoiros nos que fixemos árbores con cartón.



viernes, 11 de marzo de 2022

SEMENTANDO PARA UN MUNDO PACÍFICO EN IGUALDADE

 As nosas alumnas e os nosos alumnos son os cidadáns do futuro, sementemos igualdade para que ese futuro esté cheo de paz.

Dentro da actividade ANALIZANDO CONTOS E CURTAS as mestras prepararon co seu alumnado uns videocontos que teñen por obxetivo plantar a semente para un futuro mellor, cunha  humanidade empática en igualdade e paz.

Esperamos que  disfrutedes dos contos e dende a casa tamén contestedes ás preguntas que deixa Librín

TERESA NO QUIERE SER PRINCESA


1ª- Ti queres ser princesa ou principe?

GUAY


2º-Que fas para ser guay de verdade?

LA REBELIÓN DE LA PRINCESA ROSA


3º- Parécevos que podemos intertar ser o que queiramos ser?


miércoles, 9 de marzo de 2022

MULLERES REFERENTES

Traballamos co escornabot algunhas mulleres relevantes que abriron camiño como son Maruja Mallo e Concepción Arenal conmemorando así o 8M.









IGUALDADE, NON SÓ UNHA PALABRA


 A IGUALDADE non está só nas palabras, está todos os días nos exemplos , no trato, no xogos, nos feitos,... pero recordámolo especialmente o 8 de marzo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Nós recordando a MARUJA MALLO, unha muller adiantada ao seu tempo, loitadora pola igualdade, rendimoslle un pequeno homenaxe escollendo un dos seus cadros "ELEMENTOS PARA O DEPORTE", utilizando como punto de partida para investigar sobre o papel das mulleres no deporte, mulleres deportistas que conseguiron ou están a destacar no deporte que práctican e aparecen no cadro. Seguiremos investigando sobre a  igualdade tamén no deporte e sobre a importancia deste para a saúde   de todas as persoas (EDUsaúde) pero tamén dos logros das mulleres no deporte profesional.

 








Neste 8 DE MARZO compartimos carteis co CEP Lois Tobio sobre mulleres referentes en diferentes ámbitos da sociedade e que forman parte do noso mural.

Librín en ANALIZANDO CONTOS E CURTAS , deixa un conto diferente no mudou a historia e dúas preguntas para contestar dende a casa.


1º- QUE QUERE SER DE MAIOR A PROTAGONISTA DO CONTO?

2º- QUE CONTO VOS GUSTA MÁIS ESTE OU CINCENTA, E CAL É A RAZÓN?

Para rematar Librín tamén vos deixa un conto que xa coñecemos moito, e como  recomendación lectora unha novidade editorial que ben sendo a continuación do seguinte videoconto.






domingo, 6 de marzo de 2022

SUPERENTROIDO

 Remata o entroido pero seguiremos a ser superheroes e superheroínas cada día. Festexamos moito e pásamolo moi ben, continuaremos loitando pola diversidade, a inclusión, a igualdade, o coidado do nosa saúde e da do planeta.





 Librín recomenda uns libros moi interesantes:





Rematamos con obradoiros creativos para elaborar as nosas sardiñas e así celebrar o tradicional Enterro da sardiña da nosa vila.