Páxina web da nosa escola

viernes, 25 de noviembre de 2022

ESCRIBINDO NOVEMBRO: REFERENTES, COIDAR DE QUEN NOS COIDA



 Durante o mes de novembro  algunha das propostas foron: investigacións científicas a través de experiementos sinxelos, aportacións para o magosto  e a creación dende a biblioteca creativa de peóns para o San Martiño, pero sobre todo a posta en marcha do proxecto IGUÁLA-T, e dentro do mesmo o 25 N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

A proposta deste curso, para que pensamos moitos lemas e un dos máis significativos foi COIDAR DE QUEN NOS COIDA, pasou por contar coas mulleres referentes para o noso alumnado, as avoas, que loitaron e loitan pola igualdade e pola eliminación da violencia contra as mulleres en calquera das súas manifestacións. Por iso fixemos un mural-cadro coas imaxes das nosas avoas, nel escribimos no ordenador as palabras coas que nos nomean con agarimo e no marco deixamos a nosa pegada en negro como simbolo  de tristura polas mulleres que sufren e que faltan. Asemade invitámolas a compartir con nós a xornada conmemorativa e revindicativa do 25N, ensinándolles o que facemos no cole, tamén puxemos unha selección de música da que a elas lles gusta.











miércoles, 23 de noviembre de 2022

ESTAMOS DE NORABOA

 UNHA VEZ MÁIS O TRABALLO POR PROXECTOS DENDE A NOSA BIBLIOTECA , O COLABORATIVO CON OUTROS CENTROS, CON ENTIDADES E ASOCIACIÓNS DEU OS SEUS FROITOS. 

O PROXECTO EMOCIONÁMONOS REALIZADO O PASADO CURSO COA COLABORACIÓN DO CEP LOIS TOBIO, EN CONCRETO CO MESTRE DE MÚSICA IVÁN VALE, COA ASOCIACIÓN DE ARTÍSTAS MARIÑANOS TÁ EN ARTES, CO MUSEO CENIMA DE FOZ E COA DEPUTACIÓN DE LUGO VEN DE SER PREMIADO POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN


https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1686 




lunes, 21 de noviembre de 2022

NON É MAXÍA É CIENCIA

 Para as bibliotecas escolares novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO,  aínda que sigamos as voltas coa ciencia todo o curso, durante este mes o noso cole enchese de maxía, unha maxía especial, xa que para o noso alumnado parece  pero é ciencia. Así que estas propostas, dende a nosa biblioteca creativa, tentan de sementar a curiosidade, as pequenas investigacións, ...  o pensamento científico que xermolará máis adiante.

Fixemos unha morea de experimentos cos que desfrutaron un montón








sábado, 12 de noviembre de 2022

ESCOITAMOS COMO...

 Aínda que a nosa biblioteca está de mudanza e renovación siguen a diante actividades e propostas para toda a comunidade. Unha delas é ESCOITAMOS COMO LES, COMO CONTAS, onde as familias, un o varios membros da familia, ou a familia enteira, está convidada a contar, ler, dramatizar,... algún dos seus contos preferidos para todas e todos os compañeiros da súa filla ou fillo.

Xa están a vir as primeiras que o solicitaron a titora. Dende aquí animámosvos a que participedes, resulta unha experiencia moi gratificante e fermosa.