Páxina web da nosa escola

viernes, 27 de enero de 2023

ESCRIBINDO POLA PAZ

Celebrando o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ con actividades que nos levan a fomentar a tolerancia e nos axudan CONVIVIR.

Reutilizamos muestrarios de papeles pintados, donados por unha empresa da nosa localidade,  os nenos e as nenas elexiron os papeis e  neles picaron pombiñas que levaron as súas casas , nestas pombas as familias escribiron mensaxes pola paz. Con elas formamos o noso TENDAL POLA PAZ e o día 30 recordaremos a  necesidade de traballar diariamente pola convivencia pacifica e cada familia pode recoller no tendal o mensaxe da pomba que desexe.

O alumnado de 6º realizou un fermoso conto para compartir con todos e todas: 

O HOMILLO DE PAPEL


Tamén fixemos moitos xogos cos scornabots coa paz como tema


O 2023 é o 50 aniversario da morte de Picasso por iso nós estamos a traballar a súa obra, neste caso as súas pombiñas da PAZ






lunes, 16 de enero de 2023

NOVO ANO, NOVAS ILUSIÓNS

 A volta do Nadal atopamos uns fermosos agasallos nas aulas, algúns sabemos que foi o  Apalpador pero outros non estamos seguros. Son xoguetes sostibles con moitas posibilidades e gustaron moito.

 

 

Tamén recibimos como agasallo do Concello varios exemplares do libro "CALENDARIO POÉTICO" do poeta local, compañeiro e amigo, Xoán Neira 

Así que comezamos o mes con moitas ilusións, poesía e  co calendario do libro e da lectura  

XANEIRO TAMÉN ESTREA

PROMESAS E ILUSIÓNS

PARA QUE SEMPRE TEÑAMOS

ALEGRÍA NOS CORAZÓNS.

                                      Xoán Neira do seu libro Calendario poético