Páxina web da nosa escola

martes, 23 de abril de 2024

LIBROS, COMIC, diversión asegurada.

 No DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR o noso centro encheuse de actividades: 

-EXPOSICIÓN DOS COMICS DAS FAMILIAS, os que lian os nosos pais e as nosas nais.

-EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS DE COMIC, elaborados en familia.

-CONTACONTOS, a cargo da compañeira Fátima con A CASIÑA DE CHOCOLATE.



Asemade deixamos unhas recomendacións lectoras para todas e todos.








martes, 2 de abril de 2024

PRETO DE TI

 O día 2 de abril celebramos  é unha das datas máis marabillosas do curso, e aquí está a nosa biblioteca PRETO DE TI para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL cun conto representado polas mestras, un conto que nos fala da aceptación dun mesmo, da importancia de ser nós mesmos e de aceptar aos demáis coas súas singularidades e particularidades. 


Asemade esta é tamén unha data especial é o DÍA  MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO,  este ano co lema AUTISMO PRETO DE TI xa que todos algunha persoa con autismo cerca de nós. Por iso utilizamos o símbolo infinito facendo unha actividade internivelar na que os maiores axudaros aos pequenos a facer estes símbolos para realizar con eles un mural de visibilización e concienciación. Durante toda a semana iremos rematando este mural e visionando curtas que nos axudarán a comprender a esas compañeiras e compañeiros autistas.