Hoxe os nenos e nenas de tres anos desfrutaron dunha xornada ben divertida.
Xa que o Samaín se achega, estamos a traballar esta temática a través de diversas propostas, e entre elas o conto "Corre corre, cabaciña".
Todos desfrutamos moitísimo coa lectura e actividades a partir deste fermoso conto: pintamos a nosa cabaciña, cantamos a canción e... hoxe formamos a cabaza na mesa de luz!
Esta proposta foi especialmente divertida e motivadora, ademais de traballar cos nenos e nenas as diferentes emocións en relación ao proxecto deste ano da biblioteca "Aprendendo a pensar a través das emocións": cabazas tristes, contentas, asustadas... Pasámolo de marabilla!
"A lingua escrita non atopou aínda ningún camiño máis atractivo, máxico e cheo de cor como os libros de contos", Gianni Rodari
▼
Páxina web da nosa escola
▼
viernes, 27 de octubre de 2017
martes, 24 de octubre de 2017
24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR.
Para celebrar o día das bibliotecas escolares pasámolo de marabilla elaborando uns pisapapeis nos que os nenos e nenas pintaron á mascota da nosa biblioteca LIBRÍN sobre unha pedra, e que levaron felices ás súas casas.
Deste xeito, recordamos ás familias que poden visitar a biblioteca do centro sempre que queiran, xa que é o lugar máis máxico do cole, onde deixar voar a imaxinación e no que desfrutar de tantas emocións e aventuras que agochan os contos!

domingo, 22 de octubre de 2017
MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
No mes das bibliotecas escolares as Equipas TIC e Biblioteca está a por en marcha un novo blog, que esperamos sirva como unha fiestra para que a nosa comunidade educativa siga as actividades que se fan. O proxecto integral deste curso que parte da biblioteca leva por titulo:
Este mes poñense en marcha unha morea de actividades:
- MOCHILAS VIAXEIRAS.
- A CAIXA MÁXICA DA LECTURA.
- CONTOS QUE VEÑEN E VAN.
- ESCOITAMOS COMO LES, recibindo ás familias que contan moito e ben na biblioteca.
- FORMACIÓN DE USUARIOS COS ESCORNABOTS.
- CARNETS, CATALOGACIÓN, RECORDATORIO DA GUÍA DE USO,...
- GUÍA DE LECTURA DE CONTOS DE MEDO ( a emoción que estamos a traballar neste mes do Samaín).
- CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR.
- CELEBRACIÓN DO SAMAÍN.
" ENSINANDO A PENSAR A TRAVÉS DAS EMOCIÓNS"

viernes, 20 de octubre de 2017
Benvida desde o novo blog da biblioteca!
Queremos darvos a benvida a un novo curso desde o novo blog da biblioteca do centro.
Desde aquí iremos compartindo con todos vos as actividades e experiencias que realizaremos ao longo deste curso.
Esperemos que gostedes delas e que as vivades coa mesma ilusión ca nós!
Desde aquí iremos compartindo con todos vos as actividades e experiencias que realizaremos ao longo deste curso.
Esperemos que gostedes delas e que as vivades coa mesma ilusión ca nós!