Hoxe os nenos e nenas de tres anos desfrutaron dunha xornada ben divertida.
Xa que o Samaín se achega, estamos a traballar esta temática a través de diversas propostas, e entre elas o conto "Corre corre, cabaciña".
Todos desfrutamos moitísimo coa lectura e actividades a partir deste fermoso conto: pintamos a nosa cabaciña, cantamos a canción e... hoxe formamos a cabaza na mesa de luz!
Esta proposta foi especialmente divertida e motivadora, ademais de traballar cos nenos e nenas as diferentes emocións en relación ao proxecto deste ano da biblioteca "Aprendendo a pensar a través das emocións": cabazas tristes, contentas, asustadas... Pasámolo de marabilla!
No hay comentarios:
Publicar un comentario