Páxina web da nosa escola

lunes, 23 de abril de 2018

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Ola a tod@s!

Como xa sabedes, hoxe celebramos o Día do Libro acudindo ao teatro Pastor Díaz para a desfrutar da representación do conto "Iriña bailarina" (dispoñible na nosa biblioteca) da man da compañía Teatro dos Ghazafelhos. Foi divertidísima, rimos a carcaxadas e compartimos a experiencia cos nosos compañeiros e compañeiras do CEIP Pedrosa Latas e do CEP Lois Tobío.





















Ademáis, hoxe levaron para casa un marcapáxinas moi fermoso pola Igualdade, unha actividade dentro do Contrato-Programa "Iguais por dentro e por fóra"



E como tamén sabedes, o venres celebramos no cole o día da literatura infantil cunha obra teatro de monicreques. O conto que representamos foi "Érase dúas veces os tres porquiños", o clásico contado desde outra perspectiva, educando a prol da igualdade. Unha actividade incluída tamén dentro do Contrato-Programa Mellora da Convivencia e Promoción da Igualdade.
O conto está dispoñible na nosa biblioteca de Librín.

Os nenos e nenas e as mestras e mestre pasámolo de marabilla!!

"Un nen@ que le,é un nen@ que pensa"






miércoles, 18 de abril de 2018

A MARIÑA, PENSANDO EN FEMININO


Cara ás conmemoracións nos meses de abril e maio (día do libro e Letras Galegas), como nos pasados cursos, dentro do proxecto da biblioteca e en colaboración coas bibliotecas doutros centros da Mariña (MICRORREDE DA MARIÑA), propuxemos ás familias outro ano máis, a súa participación nunha actividade.
A actividade deste curso titulouse:
“A MARIÑA, PENSANDO EN FEMININO”
No noso centro, a nosa actividade en relación a esta temática foi a seguinte:
As titoras entregamos os alumnos-as a silueta dunha figura feminina da literatura actual da Mariña lucense. O traballo partiu dun pequeño conto titulado “A princesa quería escribir” e dunha silueta cos nomes dalgunhas das escritoras nadas na Mariña.. de pintor en cartolina. Os alumnos-as coa axuda da súa familia escoitaron o conto entregado e  tiveron que recortar, pintar e decorar a silueta, realizando a súa propia obra plástica a través da pintura e diferentes técnicas plásticas.
O nenos-as realizaron esta actividade coa axuda da súa familia tendo en conta o seu nivel educativo e as súas posibilidades.
Do 17 de abril ó 6 de maio realizamos unha exposición, coas obras realizadas en familia, na entrada do colexio.
Moitas gracias a todas as familias pola vosa colaboración! , aquí vos deixamos a mostra da exposición.





miércoles, 11 de abril de 2018

RECUNCHO POLA IGUALDADE

 Dentro do Plan de Mellora da Calidade Educativa nos centros da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria están os CONTRATOS-PROGRAMA nos que o noso centro participa este curso. Dentro deste programa creamos na biblioteca un novo recuncho cheo de libros para todas e para todos, que loitan contra os  esteriotipos e fomentan a igualdade entre as persoas. Leva o mesmo titulo, "Iguais por dentro e por fora", que outras actividades feitas polo 25 de novembro, o Entroido, o 8 de marzo,... .
Esperamos que disfutedes coa nosa selección e recordade que podedes levalos en préstamo para a casa.

lunes, 9 de abril de 2018

EU= QUE TI

Ola a tod@s!

Recentemente recibimos no noso cole unha visita moi especial. Os rapaces e rapazas de ASPANANE (gracias ao proxecto Eu=que ti, coordinado por Marcos Pego) chegaron para ensinarnos a modelar e pintar arxila, e gracias e eles e elas elaboramos unhas figuras ben fermosas!

Moitas gracias pola vosa visita chic@s, agardamos que disfrutárades o mesmo ca nós!

Aquí vos deixamos unha mostra do traballo realizado.