Cara ás conmemoracións nos meses de abril e maio (día do libro e Letras Galegas), como nos pasados cursos, dentro
do proxecto da biblioteca e en colaboración coas bibliotecas doutros centros da
Mariña (MICRORREDE DA MARIÑA),
propuxemos ás familias outro ano máis, a súa participación nunha actividade.
A actividade deste curso titulouse:
“A MARIÑA, PENSANDO EN FEMININO”
No noso centro, a
nosa actividade en relación a esta temática foi a seguinte:
As titoras entregamos os alumnos-as a silueta
dunha figura feminina da literatura actual da Mariña lucense. O traballo partiu
dun pequeño conto titulado “A princesa quería escribir” e dunha silueta cos
nomes dalgunhas das escritoras nadas na Mariña.. de pintor en cartolina. Os alumnos-as
coa axuda da súa familia escoitaron o conto entregado e tiveron que recortar, pintar e decorar a
silueta, realizando a súa propia obra plástica a través da pintura e diferentes
técnicas plásticas.
O nenos-as realizaron esta actividade coa
axuda da súa familia tendo en conta o seu nivel educativo e as súas
posibilidades.
Do 17 de abril ó 6 de maio realizamos unha exposición,
coas obras realizadas en familia, na entrada do colexio.
Moitas gracias a todas as familias pola vosa colaboración! , aquí vos deixamos a mostra da exposición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario