O pasado luns celebrouse a inauguración da exposición da Microrrede de bibliotecas escolares da Mariña, da cal formamos parte, e que, como xa sabedes, este ano leva por título "A Mariña pensando en feminino".
Alí expuxemos todos os traballos feitos en colaboración coas familias, e desfrutamos da actuación do coro de nenas e nenos, así como da cantante Guadi Galego, con performance de LAR.
Foi unha tarde moi divertida!
No hay comentarios:
Publicar un comentario