Páxina web da nosa escola

martes, 30 de octubre de 2018

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA SAMAÍN




ORIXE DA FESTA
Hai moito tempo chegaron a Galicia os Pobos Celtas. Aos Celtas, chamáballes moito a atención todo o relacionado coa natureza: as tormentas, a chuvia, o sol, a lúa, a calor ou frío que facía nalgunhas épocas, a caídas das follas nos árbores. Celebraban catro festas ao ano que estaban relacionadas co que sucedía na natureza. Unha desas festas era O SAMAÍN, que se celebra o 1 de novembro.
No mes de novembro temos máis horas de noite que de día, a primeira noite de mes era unha noite máxica, comeza a "estación escura". Con tantas horas de escuridade acendían as caveiras para asustar aos inimigos (espíritos malos).
Aproveitando esta data e que estamos a traballar as emocións, centrámonos no medo.


jueves, 25 de octubre de 2018

POLO DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Onte, día 24 de outubro, celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, polo que recibimos  unha invitación do aniversario da nosa mascota para escoitar contos na biblioteca e asemade levamos as  casas un "colgaportas" para contarlles as nosas familias a historia do noso moucho Librín que vive na biblioteca e que nos agasalla a diario con fermosos contos e historias..





Estes mouchiños levaban unhas bonitas poesías inventadas entre todas e todos.



lunes, 8 de octubre de 2018

NOVO CURSO, NOVAS ILUSIÓNS

Comezamos un novo curso con moitas ilusións, a  Consellería dotounos de máis presuposto para a nosa biblioteca, temos materiais novos e moitas ganas de que as familias disfrutedes da nosa biblioteca de Librín.
Recordavos que os impresos  de solicitude  das MOCHILAS VIAXEIRAS e da actividade ESCOITAMOS COMO LES podedes descargalos dende a nosa web e/ou solicitalos no centro.


Estas son as novas bolsas, que a Asesoria de Bibliotecas Escolares acaba de mandarnos, para poñer en marcha"Contos que van e veñen", que os encargados de cada aula levan a casa diariamente co seu libro preferido.