ORIXE DA FESTA
Hai moito tempo chegaron a Galicia os Pobos Celtas. Aos Celtas, chamáballes moito a atención todo o relacionado coa natureza: as tormentas, a chuvia, o sol, a lúa, a calor ou frío que facía nalgunhas épocas, a caídas das follas nos árbores. Celebraban catro festas ao ano que estaban relacionadas co que sucedía na natureza. Unha desas festas era O SAMAÍN, que se celebra o 1 de novembro.
No mes de novembro temos máis horas de noite que de día, a primeira noite de mes era unha noite máxica, comeza a "estación escura". Con tantas horas de escuridade acendían as caveiras para asustar aos inimigos (espíritos malos).
Aproveitando esta data e que estamos a traballar as emocións, centrámonos no medo.