Dentro das actividades das bibliotecas escolares da zona,
Microrrede da Mariña, sempre nos parece moi importantes as colaboracións e actividades entre centros, tanto para o alumnado coma para o profesorado. Neste senso esta semana recibimos a visita das rapazas e rapaces do IES Vilar Ponte, que crearon historias e contos para dramatizar, para teatro de monicreques e para o kamishibai. Foron todo un éxito!.
Queremos agradecerlles estes fermosos relatos, os monicreques que nos deixaron de agasallo e a implicación de Irma a súa mestra.
O noso alumnado tamén recitou poesía para esas rapazas e rapaces. Disfrutaron moito xuntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario