Páxina web da nosa escola

miércoles, 22 de abril de 2020

POLO DÍA DO LIBRO, Un conto cheo de Libros - 4º ENTREGA

 Hoxe xoves 23 de abril celebramos o DÍA MUNDIAL DO LIBRO recordando que LER FAINOS ÚNICOS, por iso que mellor que un contacontos cheo de recomendacións lectoras.  Ano tras ano,  tal día coma hoxe, moitas persoas no mundo compran un libro e unha flor, como nós quedamos na casa miramos un libro dos que xa temos, tamén este contacontos e podemos realizar   unha sinxela flor ( pincha enriba) para agasallar a alguén da vosa familia e que tamén podedes compartir en fotos con nós .

Recordade que os libros e os contos son a semente do hábito lector, as nenas e nenos serán bós lectores si lles contamos moitos contos e si ven que a nós tamén nos gustan os contos e os libros.

Por isto esta proposta é moi intesante  e faina a profe Ana, con un conto cheo de libros que se titula:

UNHA  MESTURA  DE  HISTORIAS





Tamén a familia Candia Alonso comparte un bonito conto sobre a igualdade e a importancia de compartir as tarefas:


MARUXA








Como os libros fainos únicos podedes crear e personalizar o voso propio conto en:

https://regalosymuestrasgratis.com/libro-infantil-personalizable-gratis-para-colorear-de-hurra-heroes.html

Como proposta de Librín :
"INVENTANDO HISTORIAS"

Debuxamos diferentes cousas que nos den pé a inventar unha historia en pedriñas, tapóns, chapas... ,

metémolas nunha bolsa (caixa...) e imos sacando unha por unha e inventando a nosa historia (según o que as imaxes nos van suxerindo)
Animádevos a xogar en familia!!!




1 comentario:

  1. Unha mistura de historias, interesante, outro xeito de contar contos... Maruxa, un conto que nos encanta e que precisamnte o escolleu Mariña na Biblioteca de Librín e o temos emprestado na nosa casa...

    ResponderEliminar