Páxina web da nosa escola

miércoles, 15 de abril de 2020

NOS MESES DOS LIBROS E DAS LETRAS: CIDADANÍA, DIVERSIDADE = IGUALDADE E INCLUSIÓN

Os meses de abril e maio son meses de letras e de libros por iso no cole San Roque queremos contar contos para as nenas, os nenos, para todos. Teremos en conta a importancia de que moitos destes contos que vos imos ofrecer impliquen un dos nosos lemas , a búsqueda da atención a diversidade  e o traballo en prol da igualdade e da inclusión real .

Como a cidadanía, a nosa comunidade educativa, conta moito na biblioteca de Librín, queremos que os primeiros contos sexan os que nos mandaron algunhas  familias. Despois virán os de Pablo e os das mestras.

O primeiro é un conto moi fermoso que hai pouco chegou a nosa biblioteca, un conto que editou a Federación de Asociacións de Persoas Xordocegas de España, FASOCIDE, escrito e ilustrado por María J. Cuesta. A familia Blanco Fernández mandounos esta dramatización dese conto que se titula: "UNA VARITA MÁGICA PARA DULCE". 


Esperamos que todos os contos que imos ir subindo a este blog vos gusten moito,están contados por unhas e uns contacontos que lles poñen todo o seu agarimo para encher estes días de ilusión.  



2 comentarios: