Páxina web da nosa escola

lunes, 29 de marzo de 2021

CAMIÑANDO COA MÚSICA DAS PALABRAS

 Comezamos o mes dos libros, no día 2 de abril  dúas celebracións moi importantes para nós:

-Día  Internacional do LIBRO INFANTIL e Xuvenil   

-Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo que ten por lema: Podo aprender. Podo traballar = por unha educación de calidade que facilite a imcorporación ao mercado laboral ( neste enlace podedes atopar  mans troqueladas como proposta para visibilizar este día )



Para este día tan especial para a nosa escola Librín quere deixarvos  este conto, disfrutadeo moito:

ÉRASE DÚAS VECES CARAPUCHIÑA










martes, 23 de marzo de 2021

POET -(A)NDO

 Nestes últimos días de marzo vimos de recordar celebracións especiais:

-21 de marzo Día Mundial do Síndrome de Down, Día Mundial da ÁrboreDía Mundial do MonicrequeDía Mundial da Poesía

-22 de marzo Día Mundial da Auga

Todas moi importates, polo que estamos a facer múltiples actividades pero non só nestes días se non durante todo o curso, ainda que algunhas materializanse agora ( plantación de sementes,  plantación de arbustos, experimentos, contos,...).

 Algo que  andamos a facer sempre, POET-(A)NDO, está presente na vida da nosa escola, pero este curso neste día coa complicidade das familias. As que queremos agradecer dende aquí a participación na proposta, pero tamén agradecerlles o tempo adicado a ler poesía coas súas fillas e os seus fillos, para plantar a semente do gusto pola lectura, e pola poesía, algo  que parece non estar moi presente na nosa sociedade e que  debemos tentar recuperar.

Esperamos que disfrutedes das montaxes, todos os vídeos son moi importantes para as nenas e nenos, esperamos disculpedes si hai algún fallo ou erro. GRACIAS FAMILIAS¡






Algunha poesía máis




Librín recomenda este libro de poesía tan fermoso:

Compartimos tamén uns vídeos sobre algunhas das actividades e experimentos coa auga:






E tamén estamos a crear e xogar con monicreques :






lunes, 22 de marzo de 2021

INCLÚE-T: camiñando coa diversidade

Nestas datas do mes de marzo xuntanse unha chea de celebracións que nós vimos traballando nas aulas  con axuda e colaboración das familias.

Comezamos  co DIA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN que se celebra o día 21 do terceiro mes do ano pola coincidencia coa trisonomia 21, ese terceiro cromosoma que presenta este Síndrome. Con esta celebración queremos dar visibilidade a estas persoas e valorar a importancia da inclusión da diversidade nas escolas.




 Membros da Asociación Down Lugo compartiron con nós un precioso vídeo  co conto de ELMER, deixándonos tamén unha proposta de actividade co mural incluído.






Todos debemos disfrutar dos mesmos dereitos en igualdade, oportunidade e felicidade dentro da sociedade, este día visibilizase simbólicamente desde 2017 coa iniciativa  CALCETÍNS DIFERENTES da nena britanica Chloe Lennon, a que nos sumamos con actividades nas aulas en colaboración coa Asociación Síndrome de Down Lugo e Federación Down Galicia.



 




martes, 9 de marzo de 2021

EDUEMOCIONA : "Cada un é como é"

 No camiño das emocións seguimos explorando as propias e as alleas, nese camiño que axuda na autoestima persoal.

A  colaboración das familias resulta moi importante para as nenas e os nenos pero tamén para o aprendizaxe en xeral. Dentro da actividades ESCOITAMOS COMO...a biblioteca está aberta a recibir todas as aportancións tanto para cada aula, onde as nais e pais están a contar vía streaming, como para este blog de Librín. Este é o caso da familia  Ramallo Ruíz  que nos enviu un fermoso conto, acorde co noso proxecto de EDUEMOCIONA e a importancia do fortalecemento da autoestima nestas idades. Disfrutade do conto:

CADA UNO ES COMO ES




Animásdevos a participar¡


sábado, 6 de marzo de 2021

IGUÁLA-T: no camiño dun futuro igualitario con mulleres líderes

 Dentro do noso proxecto de innovación IGUÁLA-T non podia faltar a celebración do DÍA INTERNACIONAL  DA  MULLER , ainda que o traballo en prol da coeducación e da igualdade é diario, neste mes os contos de princesas de verdade están moi presentes na escola. Non se trata, nada máis nin nada menos, que valorar a importancia de vivir sin diferencias, da igualdade entre xéneros, xa que todas e todos somos en primeiro lugar persoas e debemos aprender a vivir en armonia e respecto, e para iso debemos camiñar pola mesma rúa equilibrando as cargas entre homes e mulleres.

Pensando na necesidade de romper teitos de cristal fixemos un experimento social nas aulas do que  sacar certas conclusións:



Ademais fixemos unha selección de contos , tamén un fermoso vídeo cunha canción en homenaxe a MULLER, , escrita, composta, musicada e cantada por unha das familias que forma parte da nosa Comunidade Educativa. Un xeito de axudar para que  as nenas e os nenos a visualicen para aprendela, incluindo a linguaxe de signos.


Librín tamén propón unha nova CITA A CEGAS polo 8M, despois de ver o conto:

 ATRÉVETE!, ponlle TÍTULO


Contos de princesas de verdade:

   




lunes, 1 de marzo de 2021

AS EMOCIÓNS DOS CAMIÑANTES

 Dentro do noso proxecto de innovación e mellora do éxito educativo da Consellería de Educación, EDUEMOCIONA, temos como obxectivo prioritario axudar ao noso alumnado na mellora da intelixencia emocional, recoñecendo as emocións en nós e nos que nos acompañan cada día. Por iso Librín deixanos un fermoso conto:

O MONSTRO DE CORES


A PARTIR DESTE CONTO NAS AULAS FAREMOS UNHA MOREA DE ACTIVIDADES PERO É IMPORTANTE QUE NA CASA SIGADES ESTE CAMIÑO.

TODOS SENTIMOS EMOCIÓNS polo que queremos dar algunhas suxerencias:

-Verbalicemos o que sentimos e poñámoslle nome, todas as emocións, positivas e  negativas, son necesarias e nos  axudan.
-Falemos de como nos sentimos en determinados momentos e situacións.
-Animemos as nenas e os nenos , e nós mesmos, a expresar  como nos sentimos pero tamén que causa esa emoción e como a manifestamos.
-Busquemos solucións cando as emocións nos desbordan.

Outros contos interesantes: