Páxina web da nosa escola

jueves, 10 de febrero de 2022

CONTACIENTÍFICAS

Para visibilizar a importancia das mulleres silenciadas na ciencia  no ano 2015 foi proclamado pola ONU  o día 11 de febreiro como DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA co obxectivo de lograr o acceso e a particicipación plena das mulleres e das nenas no eido da ciencia. Contribuindo así mesmo ao desenvolvemento económico e ao progreso de todos os obxectivos da Axenda 2030 do Desenvolvemento sostible.



Así un ano máis vimos de investigar sobre mulleres científicas, este curso investigadoras no eido das ciencias da Saúde e con descubrimentos que teñen repercusión no benestar xeral das persoas. Queremos no só dar a coñecer científicas se non tamén potenciar a curiosidade e o plantexamento de moitas preguntas, tal e como elas fan. Este é o resultado das investigadoras elexidas:



Tamén o alumnado de 6º quixo compartir a adaptación do conto escrito por @agdagira dentro da proposta  11 de FEBRERO de persoas do ambito científico.  

CONTACIENTÍFICAS


A partir do conto Librín, dentro da actividade ANALIZANDO CONTOS E CURTAS, deixa unhas reflexións e unhas preguntas  para toda a comunidade educativa, podedes contestar as que queirades no apartado comentarios ( pinchado abaixo no lapis ) :

REFLEXIÓNS:

A raiña preguntoulle a científica:
- Como é que viñeches camiñando soiña no medio desta treboada?.
A científica díxolle a raiña:
-Acaso o principe deu a volta ao mundo acompañado?.

PREGUNTAS DE LIBRÍN:

1º-Coñeces algunha científica ou algunha nena que queira ser científica?.
2º-Cantas científicas podes contar?.
3º-Cambiarias algún dos contos que coñeces para que a protagonista fose unha científica?.
4º-Cal crees ti que é o superpoder das científicas?.

E agora atrevédevos a CONTAR CIENTÍFICAS¡¡¡¡
                                                          



     Recomendacións lectoras e de ocio:



VOSOUTRAS PODEDES SER AS PRÓXIMAS NENAS QUE CAMBIEN O MUNDO¡¡¡

2 comentarios:

  1. OS SUPERPLUMITAS CONTESTAN...
    1º SÍ, COÑECEMOS A ROSALIND FRANKLIN E MOITAS NENAS DA NOSA AULA QUEREN SER CIENTÍFICAS.
    2º NA NOSA AULA 9 NENAS QUEREN SER CINTÍFICAS E COÑECEMOS A 3 CIENTÍFICAS MÁIS: A ROCÍO MARTÍNEZ, A ROSALIND FRANKLIN E A MARGARITA SALAS.
    3º OS CONTOS QUE NOS GUSTARÍA CAMBIAR: O SEGREDO DE FLORA, LAS CJAS DE BERTA, VACÍO, CARAPUCHIÑA, OS TRES PORQUIÑOS E OS SETE CABRITOS.
    4º O SUPERPODER É INVESTIGAR E TAMÉN DESCUBRIR.

    ResponderEliminar

    ResponderEliminar
  2. ESTUPENDOS ESES SUPERPODERES SUPERPLUMITAS

    ResponderEliminar