Paisaxe en palabras é o titulo do cadro que presentamos na
exposición da Microrrede da Mariña. Un cadro dunha paisaxe elixida polo
alumnado entre as que fotografaron nas múltiples saídas polo noso entorno
natural durante todo o curso, é unha paisaxe de Viveiro onde se pode ver
o mar, o pobo e o monte que da nome ao noso cole. Elaborado como un collage e acuarelas. Despois de sacar fotos das distintas
partes do corpo, dos sentidos polos que percibimos esas paisaxes que nos rodean
e de pintalas con acuarelas, pasaron a formar parte da obra, como nós mesmos
formamos parte do medio no que vivimos. Esas paisaxes definidas con palabras,
palabras que puxeron as familias participantes a través de contos e lenda de
lugares significativos que conforman as nosas paisaxes e que podedes escoitar
na obra a través dos códigos QR que forman o marco da mesma.
"A lingua escrita non atopou aínda ningún camiño máis atractivo, máxico e cheo de cor como os libros de contos", Gianni Rodari
▼
Páxina web da nosa escola
▼
No hay comentarios:
Publicar un comentario