Páxina web da nosa escola

miércoles, 5 de octubre de 2022

RE-ESCRIBIR UNHA NOVA BIBLIOTECA

O lema ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR é o escollido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería para este curso, a nosa biblioteca no só se vai encher de novas escrituras  se non que tamén imos re-escribila, estamos a facer unha transformación completa de como entender o espazo, no noso caso, os espazos espallados da nosa benquerida biblioteca, dándolle un sentido lúdico, de exploracións múltiples, de creación, de aprendizaxes multifucionales, de busqueda de información con sentido crítico, de igualdad, de inclusión, de aprendizaxe cooperativo,...



Este curso unha nova biblioteca dará a oportunidade de encher a nosa comunidade educativa de ilusións e tamén de preescribir, ao noso xeito, historias para que as lectoras e os lectores den vida aos libros. Utilizaremos tamén os libros-xogo a partir dos cales podemos escribir as nosas propias historias, as tertulias dialogadas para facer fantásticos descubrimentos e moitas, moitas novas propostas. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario