Páxina web da nosa escola

sábado, 20 de mayo de 2023

XOGANDO RECUPERAMOS A CULTURA

 Maio é o mes das LETRAS GALEGAS adicado este ano a Francisco Fernández del Riego, nós festexámolo por todo o alto cunha morea de actividades ben interesantes, que nos axudaron a coñecer o autor a través dos xogos e xoguetes tradicionais, coa axuda dos libros cos que nos agasallou o seu autor  José Manuel García Fernández (no día da inaguración da nova biblioteca, día no que tivemos a sorte de ver e xogar con algúns de eses xoguetes), él  é o percursor da exposición DON PACO, O PÍCARO ARGALLEIRO aberta en Lourenzá dende o mes de abril.



Asemade tivemos unha semana onde os avós viñeron ao cole ensinarnos a xogar como facian eles de pequenos, aprendimos xogos esquecidos ben interesantes. Para rematar a semana tivemos unha festa con nosos avós e avoas con música tradicional galega a cargo do grupo ILLA PANCHA, disfrutamos e bailamos muiñeiras ao ritmo da gaita e o pandeiro.

Tamén coñecimos o folklore e as nosas tradicións coa colaboración especial da Asociación Cultural Bágoas da Terra que nos visitou para mostrarnos as partes do traxe tradicional galego de festa e agasallounos cunhas "mariquitas" para que as nenas e nenos as podan vestir.


As familias tamén poden, durante todo este mes, facerse unha foto no noso "foto cool" na entrada do centro. A través do noso conto favorito promocionamos o uso do galego
Xa para rematar estas dúas semanas tan intensas visitamos a exposición "EXALTACIÓN DO TRAXE GALEGO" promovida por Bágoas da Terra en colaboración co Concello de Viveiro para ver diferentes tipos de indumentaria.





No hay comentarios:

Publicar un comentario