Páxina web da nosa escola

lunes, 30 de octubre de 2023

UNHA ESCOLA ENFEITIZADA

 Unha escola enfeitizada e moi divertida, coa colaboración das familias celebramos o Samaín máis fantasmagórico dos últimos anos. Temos unha exposición coas cabazas que trouxeron as nenas e os nenos feitas con moita ilusión e alegría, fixeronas coa axuda das súas familias. Ao seu carón Librín deixou unha selección de contos de pantasmas e de medo para ir lendo nas aulas, nas casas ou na biblioteca, unhas recomendacións lectoras ben interesantes.

         

 


Fixemos obradoiros creativos, xa que o medo non nos da medo, e creamos pantasmas e monstros divertidos.


 

Para rematar invitamos  as familias a vir a nosa festa do Samaín a cantar, bailar e xogar cunha soa condición, é necesario disfrazarse, maquillarse ou aderezarse para asustar un pouquiño.





jueves, 26 de octubre de 2023

TECENDO COMUNIDADES: ANIVERSARIO DE LIBRÍN

 Para celebrar o Día das Bibliotecas e o aniversario da nosa mascota, ese mouchiño lector que dorme de día e le de noite, fixemos unha festa moi molona. Tivemos un contacontos inclusivo, musica, globos e baile en familia. 

Queremos dar as gracias ás familias pola masiva participación neste día. Divertímonos e disfrutamos moito xuntas e xuntos, tecendo comunidade.

Tamén nas aulas fixemos uns mouchos ben feitiños para levar as nosas casas e recordar as normas da nosa biblioteca.









viernes, 20 de octubre de 2023

TECENDO COMUNIDADES

 


Para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares e o Aniversario de Librín, a nosa mascota, faremos unha festa rachada con invitación para tódalas familias que forman a nosa comunidade educativa, seguindo:

"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns".

martes, 17 de octubre de 2023

AS NOSAS ESCRITORAS FAVORITAS

 O pasado luns vimos de celebrar e recordar a importancia da mulleres escritoras, tamén na literatura infantil. Para celebrar o DÍA DAS ESCRITORAS quixemos implicar as familias,  para que foran elas a que buscaran entre os libros preferidos das súas fillas e dos seus fillos cales estaban escritos por mulleres. A continuación, na ficha que mandamos co silueta dunha escritora, debían escribir o seu nome, o  título do conto escrito por elas e un debuxo dalgunha personaxe de ese libro.    

 E apareceron unha morea de escritoras!, así que, con tódolos traballos feitos en familia, fixemos un mural moi xeitoso que ademáis sirve de recomendacións lectoras para toda a nosa comunidade educativa.

Dende aquí, o equipo da biblioteca, queremos dar as gracias ás familias pola súa masiva participación.





martes, 3 de octubre de 2023

ABERTO POR DIVERSIÓN

 Baixo este título desenvolverade o noso PDI deste curso nunha BIBLIOTECA EN VIÑETAS, tal e como propoñen dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Tentaremos de que a nosa biblioteca abra as portas a diversión, ao xogo, a exploración, ao amor aos libros e a lectura, a todo un mundo de creatividade e posibilidades para toda a Comunidade Educativa.

Así dispoñédevos a visitala e pasalo moi pero que moi requeteben!



E como non podia de ser doutro xeito tamén daremos os primeiros pasos para coñecer algo do mundo do comic.