Unha escola enfeitizada e moi divertida, coa colaboración das familias celebramos o Samaín máis fantasmagórico dos últimos anos. Temos unha exposición coas cabazas que trouxeron as nenas e os nenos feitas con moita ilusión e alegría, fixeronas coa axuda das súas familias. Ao seu carón Librín deixou unha selección de contos de pantasmas e de medo para ir lendo nas aulas, nas casas ou na biblioteca, unhas recomendacións lectoras ben interesantes.
Para rematar invitamos as familias a vir a nosa festa do Samaín a cantar, bailar e xogar cunha soa condición, é necesario disfrazarse, maquillarse ou aderezarse para asustar un pouquiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario