Neste tempo de Nadal tecemos vínculos entre a nosa comunidade educativa, para iso elaboramos tarxetiñas co plotter de corte que o noso alumnado levou a súas casas, alí as familias debuxaron e escribiron mensaxes de amor, paz e solidaridade que colgaron na nosa árbore especial, tecida polas nenas e nenos con moita ilusión.
RECOMENDACIÓNS NADAL 2024 de EEI SAN ROQUE"A lingua escrita non atopou aínda ningún camiño máis atractivo, máxico e cheo de cor como os libros de contos", Gianni Rodari
Páxina web da nosa escola
martes, 17 de diciembre de 2024
TECENDO REDES NO NADAL
Neste Nadal recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras do CEP Lois Tobío que nos representaron unha obra de teatro moi orixinal, unha adaptación do conto UNHA EXTRAÑA VISITA.
jueves, 5 de diciembre de 2024
TECENDO INCLUSIÓN
A nosa pretende ser unha escola plenamente inclusiva polo que unha data como o Día Internacional da Discapacidade é moi especial. Nesta data apostamos por traballar as diferenzas que nos xunguen e tecer lazos de unión, este ano recibimos a Badir, usuario de ASPANANE, que nos trouxo unha morea de contos que visibilizan a inclusión educativa como parte da nosa participación no programa SuperArte do Concello de Viveiro. Estamos a ler e contar eses libros na biblioteca, pero tamén xogos e curtas de concienciación e da visita da Asociación Síndrome de Dwon Lugo cun conto sorpresa.













