A nosa pretende ser unha escola plenamente inclusiva polo que unha data como o Día Internacional da Discapacidade é moi especial. Nesta data apostamos por traballar as diferenzas que nos xunguen e tecer lazos de unión, este ano recibimos a Badir, usuario de ASPANANE, que nos trouxo unha morea de contos que visibilizan a inclusión educativa como parte da nosa participación no programa SuperArte do Concello de Viveiro. Estamos a ler e contar eses libros na biblioteca, pero tamén xogos e curtas de concienciación e da visita da Asociación Síndrome de Dwon Lugo cun conto sorpresa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario