"A lingua escrita non atopou aínda ningún camiño máis atractivo, máxico e cheo de cor como os libros de contos", Gianni Rodari
▼
Páxina web da nosa escola
▼
lunes, 14 de octubre de 2019
14 DE OUTUBRO DÍA DAS ESCRITORAS
O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras. Dende a biblioteca de Librín tamén quixemos conmemorar este día o noso xeito , recordando as mulleres escritoras que nos contan historias fermosas e que nos animan a coidar e amar a natureza, como OLGA DE DIOS e o conto "A ra de tres ollos". As nenas e nenos escolleron contos escritos por mulleres creativas que nos fan amar os libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario