Páxina web da nosa escola

domingo, 13 de octubre de 2019

MES DAS BIBLIOTECAS, DO MEDO E DO SAMAIN


UN NOVO CURSO A BIBLIOTECA DE LIBRÍN QUERE CONVIDAR A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A QUE PARTICIPE DAS SÚAS PROPOSTAS:

- O  25  DE OUTUBRO  CELEBRAREMOS O DÍA   DAS  BIBLIOTECAS  ESCOLARES, E POR ISO  NESTE MES DAS  BIBLIOS  E  DO SAMAÍN,  DEIXAMOSVOS  UNHAS RECOMENDACIÓNS  DE CONTOS  PARA  TREMER DE MEDO E DE RISA.

 - CONVIDÁMOSVOS A  DISFRUTAR EN FAMILIA, colaborando con nós nas actividades sobre as emocións e as celebracións deste mes, CONVERTINDO CABAZAS EN MONSTRUOS HORRIPILANTES, USANDO TODO TIPO DE MATERIAIS DE REFUGALLO. TRAEREDELAS A ESCOLA ANTES DO MÉRCORES 23 PARA FACER UNHA EXPOSICIÓN NA ENTRADA.

-PARA CELEBRAR O SAMAÍN, ADEMAIS DA EXPOSICIÓN DAS CABAZAS NA ENTRADA DO COLE, que poderedes visitar, AS NENAS E NENOS DISFRUTARÁN O DÍA 30 DUNHA CONTACONTOS. RAQUEL QUEIZÁS TRAERÁ “A MALETA DA AVÓA”.

-ESE MESMO DÍA 30 ÁS 17:00 H. NA BIBLIOTECA CONVIDAMOS A TODAS AS FAMILIAS A QUE DISFRUTDES, DA 1º ACTIVIDADE DA ESCOLA DE NAIS E PAIS, CON RAQUEL QUEIZÁS FALANDO DE DIVERSIDADE CUNHA ACTIVIDADE LÚDICA BAIXO O TÍTULO: “XOGAR CON OBXECTO PARA CONTAR”

Recordade que o venres día 31 non é lectivo, por concedelo a Consellería de Educación como Día do Ensino.

O equipo da biblioteca escolar

                                         

No hay comentarios:

Publicar un comentario