Páxina web da nosa escola

jueves, 30 de abril de 2020

CONTACONTOS - 10º ENTREGA, creatividade para avanzar

Para rematar a semana ( voltamos despois da ponte, o martes día 5) facemolo cunha historia que fala da enorme creatividade que pode ter o ser humano. Esa creatividade que está dentro de cada un de nós e que debemos avivala para que non esmoreza. É unha forza que axuda a salvarnos en momentos difíciles e que necesitamos para avanzar.

A profe Paula, cun axudante moi especial , é quen a conta:

NON É UNHA CAIXA


Despois de ver o conto agasallade as vosas nenas e nenos cunha caixa baleira, una caixa calquera, grande, pequeña ou mediana, e deixade que a sua imaxinación e creatividade a transforme.De seguro será moi bó para eles, maravilloso para desenrolar a súa creatividade, e divertido para toda a familia. Librín tamén propón un reto: coa creación lograda ao transformar esa caixa inventade unha historia, un conto que nos gustaría que compartirades con nós,(podedes mandar as fotos do resultado final e/ou os videos cos contos ao wps do cole).

Librín deixanos tamén dúas curtas moi especiais:


A BOÎTE = A CAIXA




LA COUR = EL RECREO





Disfrutade moito desta ponte, dos pequenos paseos, e das historias en familia.







miércoles, 29 de abril de 2020

CONTACONTOS - 9º ENTREGA, a diversidade fai o mundo mellor

O conto de hoxe axudanos a entender que as diferenzas entre as persoas, a diversidade , mellora o noso mundo e a tolerancia cara  a esas diferenzas mellora a  sociedade.

É a mestra Genma, coa sua fermosa voz,  conta a historia dun neno chamado Kofu, esperando que disfrutedes moito deste conto ben real :

KOFU O NENO DE CHOCOLATE



A curta que nos deixa Librín tamén fala de tolerancia:





martes, 28 de abril de 2020

CONTACONTOS - 8º ENTREGA, emocións a flor de pel

O conto de hoxe é moi sinxelo pero tamén moi tenro, que axudará as nenas e nenos a falar do  que sinten nestes momentos en que están a compartir tantas cousas en familia, axudarlles a que recoñezan e verbalicen as emocións é fundamental nestes momentos , pero tamén en todos os momentos da longa vida que lles resta por vivir.

A encargada de contar o conto deste mércores é Candy, pero esta vez conta cunha superaxudante, Rafaela, que espera que vos guste moitísimo:

ADIVINA CUANTO TE QUIERO






Despois de escoitar o conto, Candy recomenda que provedes a facer un pouco de "yoga"con esa historia tan fermosa:


A familia Vale  Aránguiz  tamén nos manda un dos nosos contos preferidos, e que tamén fala das emocións que sentimos:

MONSTRO  DE  CORES




E como non podía ser doutra maneira, unha curta que emociona:


LA LUNA
















lunes, 27 de abril de 2020

CONTACONTOS - 7º ENTREGA, as pequeñas cousas

O segundo contacontos da semana fala das pequenas cousas  que nos fan sonrir, rir, disfrutar e ser felices cada día. As veces esquecemos que só a luz do sol, unha flor ou unha herba, un paseo,...ou mesmo collernos das mans resulta ser a mellor cousa do mundo.

Neste caso é a profe Uxía quen nos conta un conto para non esquecer o valor de rir:

ONDE PERDEU LÚA A RISA?



Tamén a familia Vigo Ben mandamos un conto ben bonitiño:

GARAVANCIÑO





   


A curta que manda Librín é moi divertida, esperamos que vos guste:

LAMBS







domingo, 26 de abril de 2020

CONTACONTOS - 6º ENTREGA, mellor entre todas e todos


Unha nova semana na que quedamos na casa pero xa podemos saír a pasear, tomando  moitas precaucións, e xa estamos máis contentos. Pero ainda temos que ter moito coidadiño e non podemos xogar todos xuntos como nos gustaría.
Nós seguimos con moitos contacontos, faltan moitas profes por contavos o seu conto e todos son diferentes . O de hoxe é un conto que nos fala da importancia de sumar achegas, de que xuntos podemos facer as cousas moito mellor, traballar en equipo e colaborar fainos sentir mellor e fai que todo teña un mellor resultado final.

Hoxe é a profe Mª Dolores  quen nos conta este fermoso conto, que se titula:

A MELLOR SOPA DO MUNDO




A familia Rodríguez Palomo tamén comparte un conto que fala de diversidade, igualdade e inclusión, en definitiva todos sumamos, todos e todas por moi diferentes que podamos ser, por raza, relixión, discapacidade,...podemos contribuir e axudar a formar unha sociedade mellor.

SUPERNIÑOS




 Lbrín tamén quere deixar unha curta moi interesante sobre a diversidade






viernes, 24 de abril de 2020

CONTACONTOS- 5º ENTREGA, as linguas suman a empatía tamén



Para rematar esta primeira semana de mestres e familias contacontos queremos facelo cun conto que nos axuda a recordar que as linguas suman e as linguaxes tamén. Somos moi afortunados por ter unha lingua materna propia, ainda que as veces non se lle da a importancia que ten, sobretodo no desenrolo da facultade  para o apredizaxe doutras linguas, ser bilingüe axuda e moito.

Asi hoxe o profe Pablo contanos un conto, con moito noutra lingua, para  recordar e reflexionar sobre  a importancia de ser empáticos cos demais.
( recomendación do profe: recordade os números e as cores en inglés antes de ver o video)


THE BLUE BALLOON






 E  o conto da familia Morales Fraguela que tamén  fala da empatía e da axuda aos demáis: 

COMO MOLA TU ESCOBA


   

        
  E por último unha curta sobre o valor da empatía, esa capacidade esencial para recoñecer e comprender os sentimentos , as ideas, conductas e actitudes dos demáis no día a día e cando hai circunstancias que lles poden afectar en situacións concretas.





miércoles, 22 de abril de 2020

POLO DÍA DO LIBRO, Un conto cheo de Libros - 4º ENTREGA

 Hoxe xoves 23 de abril celebramos o DÍA MUNDIAL DO LIBRO recordando que LER FAINOS ÚNICOS, por iso que mellor que un contacontos cheo de recomendacións lectoras.  Ano tras ano,  tal día coma hoxe, moitas persoas no mundo compran un libro e unha flor, como nós quedamos na casa miramos un libro dos que xa temos, tamén este contacontos e podemos realizar   unha sinxela flor ( pincha enriba) para agasallar a alguén da vosa familia e que tamén podedes compartir en fotos con nós .

Recordade que os libros e os contos son a semente do hábito lector, as nenas e nenos serán bós lectores si lles contamos moitos contos e si ven que a nós tamén nos gustan os contos e os libros.

Por isto esta proposta é moi intesante  e faina a profe Ana, con un conto cheo de libros que se titula:

UNHA  MESTURA  DE  HISTORIAS





Tamén a familia Candia Alonso comparte un bonito conto sobre a igualdade e a importancia de compartir as tarefas:


MARUXA








Como os libros fainos únicos podedes crear e personalizar o voso propio conto en:

https://regalosymuestrasgratis.com/libro-infantil-personalizable-gratis-para-colorear-de-hurra-heroes.html

Como proposta de Librín :
"INVENTANDO HISTORIAS"

Debuxamos diferentes cousas que nos den pé a inventar unha historia en pedriñas, tapóns, chapas... ,

metémolas nunha bolsa (caixa...) e imos sacando unha por unha e inventando a nosa historia (según o que as imaxes nos van suxerindo)
Animádevos a xogar en familia!!!




CONTACONTOS - 3ª ENTREGA, vencer o medo

Hoxe temos un dos contos que máis nos gusta a todas e todos, un conto moi especial que nos fai pasar medo pero tamén nos axuda a vencelo. E xuntos  colaborando, compartindo todo pode saír mellor.

A profe Lucía contanos, PICOTÍ, PICOTÁ  :

COCORICO




A familia Ramallo Ruíz comparte un conto que fala da importancia de ter amigos e que se titula:


NITO Y LEO

martes, 21 de abril de 2020

CONTACONTOS NO CUBIL- 2ª ENTREGA, todo vai sair ben

O conto de hoxe e un conto moi, moi fermoso que nos recorda que nunca  podemos deixar de buscar os nosos soños, non podemos deixar de soñar que todo vai saír ben.

 É o conto da mestra Rocío e titulase:

O SOÑO DO OSIÑO ROSA


Tamén as nosas nenas e nenos son grandes contacontos e queren compartir con todas e todos nós.
A familia López Díaz xa son profesionais, esta vez mandanos un conto moi interesante sobre a importancia de ser nós mesmos en todo momento e titulase:

GUAPA


A familia Balseiro Álvarez deixanos un conto que sempre nos gusta moito e que nos axuda a identificar o que sentimos en cada momento:



O MONSTRUO DE CORES







 Esperamos que disfrutedes moito dos contos, que deixedes algún comentario,a Librín e a nós gustanos saber as vosas opinións e as vosas suxerencias.
Recordámosvos que podedes ser seguidores deste blog, so tedes que pinchar onde pon seguir
Un bico moi grande para todas e todos.









domingo, 19 de abril de 2020

EN ABRIL LIBROS E CONTACONTOS NO CUBIL

Esta semana comenzamos unha nova actividade con moita ilusión e que esperamos que vos guste . Tod@s nós queremos compartir unha das nosas fortalezas do día a día, os contos, contarvos contos, e iso é o que imos facer. Contos para todas e todos que Librín deixou na nosa casa cunha nota:
"Quero que as nenas e nenos e as súas familias non se olviden da biblioteca do cole nin de min,  contadelles cada día un conto destes que vos deixo".
E así cada un de nós escolleu un conto para compartir  mentras quedamos na casa. Recordando que se achega o DÍA DO LIBRO, esperamos que vos gusten moito os videos.

O primeiro é o que conta a mestra Carmen e titulase:

O NACEMENTO DO DRAGÓN



Tamén con sombras chinesas:

Recordade que xunto cos nosos contos iremos compartindo os que nos mandades desde a casa para todas e todos as vosas compañeiras e compañeiros. Tamén Librín poñerá algunha que outra curta que seguro vos a gustar.

sábado, 18 de abril de 2020

CONTACONTOS: CHIVOS CHIVÓNS

O último contacontos recibido neste días é o da familia Rivas Meitín que nos contan: CHIVOS CHIVÓNS

viernes, 17 de abril de 2020

FAMILIAS QUE CONTAN !!!

Para rematar a semana deixamos un conto da familia López Díaz, un conto que inventaron eles, con monicreques que fixeron eles: as nosas mascotas, as tartarugas que coidamos, e non podía faltar, o noso Librín. Un conto moi fermoso cunha mensaxe de alegría e ilusión.

jueves, 16 de abril de 2020

CONTACONTOS POLA DIVERSIDADE

O  hoxe podedes escoitar a pequeña contacontos da familia Travieso Fernández, cun libro sobre a aceptación das diferenzas, un conto en positivo:


ORELLAS DE BOLBORETA

miércoles, 15 de abril de 2020

NOS MESES DOS LIBROS E DAS LETRAS: CIDADANÍA, DIVERSIDADE = IGUALDADE E INCLUSIÓN

Os meses de abril e maio son meses de letras e de libros por iso no cole San Roque queremos contar contos para as nenas, os nenos, para todos. Teremos en conta a importancia de que moitos destes contos que vos imos ofrecer impliquen un dos nosos lemas , a búsqueda da atención a diversidade  e o traballo en prol da igualdade e da inclusión real .

Como a cidadanía, a nosa comunidade educativa, conta moito na biblioteca de Librín, queremos que os primeiros contos sexan os que nos mandaron algunhas  familias. Despois virán os de Pablo e os das mestras.

O primeiro é un conto moi fermoso que hai pouco chegou a nosa biblioteca, un conto que editou a Federación de Asociacións de Persoas Xordocegas de España, FASOCIDE, escrito e ilustrado por María J. Cuesta. A familia Blanco Fernández mandounos esta dramatización dese conto que se titula: "UNA VARITA MÁGICA PARA DULCE". 


Esperamos que todos os contos que imos ir subindo a este blog vos gusten moito,están contados por unhas e uns contacontos que lles poñen todo o seu agarimo para encher estes días de ilusión.