Estes mes estivo cheo de libros, contos, lendas e historias que Librín deixou en todas as aulas e nas casas do alumnado que ó solicitou.
Pero tamén para recrear as nosas historias, desde a nosa biblioteca creativa, tivemos obradoiros de monicreques, onde elaboramos titeres con materiais diversos. Nalgús grupos dentro PDI buscaron entre os contos acordes ao mesmo e crearon as persoaxes para reinterpretar a historia coas suas palabras, outros buscaron unha canción para animar o conto, outros inventaron as súas propias historias, todas e todos disfrutarmos moito.
O pasado venres para celebrar o Dia Mundial do Libro e do Dereito de autor tivemos un encontro coa escritora Estefanía Padullés, que nos contou a historia "A MANCHAS OU A RAIAS?", e conversou con nós sobre os animais, as mascotas e a diversidade. Prometimos enviarlle os noso debuxos
O Concello de Viveiro tamén nos agasallou cun fermoso libro para a nosa biblioteca, cheo de historias e lendas da nosa comarca.
E como di o autor: "Este libro pretende ser a aeronave imaxinaria que permita dar cumprimento ó soño de sobrevoar a Mariña"
No hay comentarios:
Publicar un comentario