Páxina web da nosa escola

sábado, 17 de abril de 2021

AS NOSAS XEOGRAFÍAS LECTORAS SACAN AS EMOCIÓNS AO CAMIÑO

 Pensamos que as emocións son moi importantes no proceso de aprendizaxe e  máis no momento de incertidume que estamos a vivir, polo que este curso están a ser unha viaxe fundamental no día a día a través do PDI   e do EDUEMOCIONA . Como ben decia Joan Ferrés nos Encontros de Bibliotecas Escolares celebrados estes días: " si non hai emoción non podemos tomar decisións axeitadas, nin eficaces, nin éticas". So pois peza fundamental da nosa saúde  emocional e física para aprender e establecer relacións axeitadas.

É importante entender o noso cerebro emocional, axudarlle as nosas nenas e nenos a recoñecer as emocións e aprender a xestionalas. Tamén desde a familia resulta fundamental continuar co que estamos a facer na escola, polo que neste mes dos libros realizamos éste interactivo a partir do creado para a mesa de luz,  coa historia "O MONSTRO DE CORES" de Anna LLenas e dos emoticonos coñecidos por todos. Desde as aulas e desde as casas podemos facer algo moi sinxelo, ir vendo pouco a pouco cada unha das páxinas e conversar, coas nosas nenas e cos nosos nenos, sobre ó que sinten, identificando e poñendo nome aos  sentimentos, pero tamén falar sobre ó que sentimos os adultos. 

                                                            😍😡😔😪😲😊
(Pinca AQUÍ para abrir o libro interactivo, entrade coa vosa conta de gmail, cando pida código escribide M5D2CV5)


 
Por último  unha proposta lúdico-afectiva

A CAIXA DAS SOLUCIÓNS

Necesitamos:
-unha caixa bonita, mesmo dos seus zapatos,  que  poden decorar ao seu gusto.

Actividade:
-meter dentro obxectos , imaxes ou tarxetas con palabras que eles din que os fan sentir ben.
-gardala nun lugar especial.

ESTA CAIXA DAS SOLUCIÓNS SERVIRÁ DE ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL CANDO
 NON TEÑEN UN BO DÍA PODEN ABRILA E VER QUE COUSAS NOS FAN SENTIR BEN.

EMOCIÓNS = habilidades necesarias que nos axudan a coñecer que pensamentos e comportamentos provocan os nosos estados de ánimo e nos capacitan para resolver conflictos no día a día.

Librín tamén vos invita a  xogar:

No hay comentarios:

Publicar un comentario