Neste Samaín recomendamos contos de medo para pasar moita risa. E como imos estar uns días na casa recomendamos un libro para cociñar en familia.
- VIOLETA QUIERE SER VAMPIRO. XERAIS
- TEÑO MEDO. OQO
- 8PATAS. ENTRE NUBES Y CUENTOS
- O NOSO SAMAÍN. GALAXÍA
- OS MONSTROS GRANDES NON CHORAN. PULP
- ÑAC-ÑAC, EL MONSTRUO COME LIBROS. BRUÑO
-COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO. XERAIS
"A lingua escrita non atopou aínda ningún camiño máis atractivo, máxico e cheo de cor como os libros de contos", Gianni Rodari
▼
Páxina web da nosa escola
▼
martes, 29 de octubre de 2019
lunes, 28 de octubre de 2019
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
O pasado 24 de outubro celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR e a nosa mascota, Librín, estivo de aniversario. Para celebralo fixemos uns anteollos cos que animar a toda a comunidade educativa a participar na nosa biblioteca sempre que o desexen.
lunes, 14 de octubre de 2019
14 DE OUTUBRO DÍA DAS ESCRITORAS
O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.
Dende a biblioteca de Librín tamén quixemos conmemorar este día o noso xeito , recordando as mulleres escritoras que nos contan historias fermosas e que nos animan a coidar e amar a natureza, como OLGA DE DIOS e o conto "A ra de tres ollos".
As nenas e nenos escolleron contos escritos por mulleres creativas que nos fan amar os libros.
Dende a biblioteca de Librín tamén quixemos conmemorar este día o noso xeito , recordando as mulleres escritoras que nos contan historias fermosas e que nos animan a coidar e amar a natureza, como OLGA DE DIOS e o conto "A ra de tres ollos".
As nenas e nenos escolleron contos escritos por mulleres creativas que nos fan amar os libros.
domingo, 13 de octubre de 2019
MES DAS BIBLIOTECAS, DO MEDO E DO SAMAIN
UN NOVO CURSO A BIBLIOTECA DE LIBRÍN QUERE CONVIDAR A TODA
A COMUNIDADE EDUCATIVA A QUE PARTICIPE DAS SÚAS PROPOSTAS:
- O 25 DE
OUTUBRO CELEBRAREMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, E POR ISO NESTE MES DAS
BIBLIOS E DO SAMAÍN,
DEIXAMOSVOS UNHAS RECOMENDACIÓNS DE CONTOS
PARA TREMER DE MEDO E DE RISA.
- CONVIDÁMOSVOS A DISFRUTAR EN FAMILIA, colaborando con nós nas actividades sobre as emocións e as
celebracións deste mes, CONVERTINDO CABAZAS EN
MONSTRUOS HORRIPILANTES, USANDO TODO TIPO DE MATERIAIS DE REFUGALLO.
TRAEREDELAS A ESCOLA ANTES DO MÉRCORES 23 PARA FACER UNHA EXPOSICIÓN NA ENTRADA.
-PARA CELEBRAR O SAMAÍN, ADEMAIS DA EXPOSICIÓN DAS CABAZAS
NA ENTRADA DO COLE, que poderedes visitar, AS NENAS E NENOS DISFRUTARÁN O DÍA 30 DUNHA CONTACONTOS.
RAQUEL QUEIZÁS TRAERÁ “A MALETA DA AVÓA”.
-ESE MESMO DÍA 30 ÁS 17:00 H. NA BIBLIOTECA CONVIDAMOS A
TODAS AS FAMILIAS A QUE DISFRUTDES, DA 1º ACTIVIDADE DA ESCOLA DE NAIS E
PAIS, CON RAQUEL QUEIZÁS FALANDO DE DIVERSIDADE CUNHA ACTIVIDADE LÚDICA
BAIXO O TÍTULO: “XOGAR CON OBXECTO PARA CONTAR”
Recordade que o venres día 31 non é lectivo, por concedelo
a Consellería de Educación como Día do Ensino.
O equipo da biblioteca
escolar
ESCOITAMOS COMO LES
A nosa biblioteca de Librín sempre é e será un viveiro de cidadania como reza a proposta da Asesoría de bibliotecas escolares para este curso. Unha das actividades que ó demostran e nas que participan as nais, pais , avoas, avós ,... as familias, leva por titulo:
ESCOITAMOS COMO LES
Este curso xa comenzou a súa andaina, a participación é cada vez maior, é con ela todas e todos disfrutamos moito pero sobre todo as nenas e nenos.
ESCOITAMOS COMO LES
Este curso xa comenzou a súa andaina, a participación é cada vez maior, é con ela todas e todos disfrutamos moito pero sobre todo as nenas e nenos.