martes, 29 de octubre de 2019

LECTURAS PARA O SAMAÍN

Neste Samaín recomendamos contos de medo para pasar moita risa. E como imos estar uns días na casa recomendamos un libro para cociñar en familia.
      - VIOLETA QUIERE SER VAMPIRO. XERAIS
      - TEÑO MEDO. OQO
      - 8PATAS. ENTRE NUBES Y CUENTOS
      - O NOSO SAMAÍN. GALAXÍA
      - OS MONSTROS GRANDES NON CHORAN. PULP
      - ÑAC-ÑAC, EL MONSTRUO COME LIBROS. BRUÑO
      -COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO. XERAIS

lunes, 28 de octubre de 2019

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O pasado 24 de outubro celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR e a nosa mascota, Librín, estivo de aniversario. Para celebralo fixemos uns anteollos cos que animar a toda a comunidade educativa a participar na nosa biblioteca sempre que o desexen.







lunes, 14 de octubre de 2019

14 DE OUTUBRO DÍA DAS ESCRITORAS

O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

Dende a biblioteca de Librín tamén quixemos conmemorar este día o noso xeito , recordando as mulleres escritoras que nos contan historias fermosas e que nos animan a coidar e amar a natureza, como OLGA DE DIOS  e o conto "A ra de tres ollos".
As nenas e nenos escolleron contos escritos por mulleres creativas que nos fan amar os libros.




domingo, 13 de octubre de 2019

MES DAS BIBLIOTECAS, DO MEDO E DO SAMAIN


UN NOVO CURSO A BIBLIOTECA DE LIBRÍN QUERE CONVIDAR A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A QUE PARTICIPE DAS SÚAS PROPOSTAS:

- O  25  DE OUTUBRO  CELEBRAREMOS O DÍA   DAS  BIBLIOTECAS  ESCOLARES, E POR ISO  NESTE MES DAS  BIBLIOS  E  DO SAMAÍN,  DEIXAMOSVOS  UNHAS RECOMENDACIÓNS  DE CONTOS  PARA  TREMER DE MEDO E DE RISA.

 - CONVIDÁMOSVOS A  DISFRUTAR EN FAMILIA, colaborando con nós nas actividades sobre as emocións e as celebracións deste mes, CONVERTINDO CABAZAS EN MONSTRUOS HORRIPILANTES, USANDO TODO TIPO DE MATERIAIS DE REFUGALLO. TRAEREDELAS A ESCOLA ANTES DO MÉRCORES 23 PARA FACER UNHA EXPOSICIÓN NA ENTRADA.

-PARA CELEBRAR O SAMAÍN, ADEMAIS DA EXPOSICIÓN DAS CABAZAS NA ENTRADA DO COLE, que poderedes visitar, AS NENAS E NENOS DISFRUTARÁN O DÍA 30 DUNHA CONTACONTOS. RAQUEL QUEIZÁS TRAERÁ “A MALETA DA AVÓA”.

-ESE MESMO DÍA 30 ÁS 17:00 H. NA BIBLIOTECA CONVIDAMOS A TODAS AS FAMILIAS A QUE DISFRUTDES, DA 1º ACTIVIDADE DA ESCOLA DE NAIS E PAIS, CON RAQUEL QUEIZÁS FALANDO DE DIVERSIDADE CUNHA ACTIVIDADE LÚDICA BAIXO O TÍTULO: “XOGAR CON OBXECTO PARA CONTAR”

Recordade que o venres día 31 non é lectivo, por concedelo a Consellería de Educación como Día do Ensino.

O equipo da biblioteca escolar

                                         

ESCOITAMOS COMO LES

A nosa biblioteca de Librín sempre é  e será un viveiro de cidadania como reza a proposta da Asesoría de bibliotecas escolares para este curso. Unha das actividades que ó demostran e nas que participan as nais, pais , avoas, avós ,... as familias, leva por titulo:
ESCOITAMOS COMO LES
Este curso xa comenzou a súa andaina,  a participación é  cada vez maior, é con ela  todas e todos disfrutamos moito pero sobre todo as nenas e nenos.



ENTRETECER POLO 25 N

 A coeducación, a educación en igualdade sen discrminación  é a mellor forma de mellorar a sociedade e de prevenir a violencia por razón de ...