Pensamos que as emocións son moi importantes no proceso de aprendizaxe e máis no momento de incertidume que estamos a vivir, polo que este curso están a ser unha viaxe fundamental no día a día a través do PDI e do EDUEMOCIONA . Como ben decia Joan Ferrés nos Encontros de Bibliotecas Escolares celebrados estes días: " si non hai emoción non podemos tomar decisións axeitadas, nin eficaces, nin éticas". So pois peza fundamental da nosa saúde emocional e física para aprender e establecer relacións axeitadas.
É importante entender o noso cerebro emocional, axudarlle as nosas nenas e nenos a recoñecer as emocións e aprender a xestionalas. Tamén desde a familia resulta fundamental continuar co que estamos a facer na escola, polo que neste mes dos libros realizamos éste interactivo a partir do creado para a mesa de luz, coa historia "O MONSTRO DE CORES" de Anna LLenas e dos emoticonos coñecidos por todos. Desde as aulas e desde as casas podemos facer algo moi sinxelo, ir vendo pouco a pouco cada unha das páxinas e conversar, coas nosas nenas e cos nosos nenos, sobre ó que sinten, identificando e poñendo nome aos sentimentos, pero tamén falar sobre ó que sentimos os adultos.
😍😡😔😪😲😊
(Pinca AQUÍ para abrir o libro interactivo, entrade coa vosa conta de gmail, cando pida código escribide M5D2CV5)
Por último unha proposta lúdico-afectiva
A CAIXA DAS SOLUCIÓNS
Necesitamos:
-unha caixa bonita, mesmo dos seus zapatos, que poden decorar ao seu gusto.
Actividade:
-meter dentro obxectos , imaxes ou tarxetas con palabras que eles din que os fan sentir ben.
-gardala nun lugar especial.
ESTA CAIXA DAS SOLUCIÓNS SERVIRÁ DE ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL CANDO
NON TEÑEN UN BO DÍA PODEN ABRILA E VER QUE COUSAS NOS FAN SENTIR BEN.
EMOCIÓNS = habilidades necesarias que nos axudan a coñecer que pensamentos e comportamentos provocan os nosos estados de ánimo e nos capacitan para resolver conflictos no día a día.
Librín tamén vos invita a xogar:
No hay comentarios:
Publicar un comentario