domingo, 31 de mayo de 2020

POESÍA FERMOSA, ADIVIÑA MARABILLOSA

Continuamos esta semana coas poesías e adiviñas, a de hoxe é do noso poeta local, mestre e compañeiro,  XOÁN NEIRA. Un bonito poema acompañado dunha maravillosa ilustración de SECHU SENDE, na fermosa voz da metra Rocío, que tamén da moitas pistas para a sua adiviña.



Ángel tamén se animou a participar con un poema ben fermoso, e quen será o que adiviñará?:


Unha recomendación, este conto que ten como protagonista un ourizo:

EL ERIZO PINCHÓN (pincha enriba)


Cuento corto sobre las rabietas de los niños

Librín comeza a semana con esta canción:





viernes, 29 de mayo de 2020

POESÍA LUMINOSA, ADIVIÑA NEBULOSA

Para rematar a semana, unha vez máis, temos unha poesía do poeta da Terra Chá,  MANUEL MARÍA




A familia Travieso Fernández, na voz de Mariña, tamén comparte con todos, veremos quen adiviña:






Librín pensa que podemos aprender a poesía, que tan ben recitou Mercedes, cantando:


miércoles, 27 de mayo de 2020

POESÍA CONTADA, ADIVIÑA FALADA

A poesía de hoxe é dun mestre e poeta moi querido para nós,  ANTÓN CORTIZAS. Unha poesía que fala de contar e de contos , algo que nos gusta moito a todos, e moi fácil de aprender.
E veremos  quén é de adivinar a mestra que recita e ilustra esta poesía e  a  solución a adiviña.




A familia López Baltar deixanos unha adiviña, que será será:




Librín propón:


POESÍA POLO MAR, ADIVIÑA POLO VENTO

Hoxe, unha vez máis, un poema moi fermoso de MANUEL MARÍA,  é Paula a mestra que surca os mares no barquiño de papel. Para a sua adiviña da pistas, veremos quen vai adivinar,  esta vez  non é tan doada a resposta.



A familia Gómez Fraga, nun espazo feito por Martina, mandou a súa aportación



A canción de Librín:



martes, 26 de mayo de 2020

POESÍA AMODIÑO, ADIVIÑA RAPIDIÑO

Hoxe temos unha poesía dun maravilloso poeta lucense que lles gusta moito ás  nenas e nenos.
E quén será a mestra que recita unha destas poesías de Manuel María?.




Tamén nos manda unha adiviña e un  fermoso poema sobre o noso pobo, da poetisa LUZ POZO GARZA a familia Hermida:
















Librín deixa unha canción coma sempre


lunes, 25 de mayo de 2020

POESÍA CERCANA , ADIVIÑA LONXANA

Para comezar a semana temos unha poesía escrita para esta actividade da nosa escola. Polo que dende aquí queremos agradecer ao autor, mestre e escritor, veciño noso ainda que viva lonxe, a súa contribución e agasallo para todas as familias da súa vila natal.
Moitas grazas EMILIO XOSÉ ÍNSUA LÓPEZ por agasallarnos con esta fermosa poesía que fala da primavera.



E adiviña , adivinanza, que será, será.


Tamén a familia Insua mandou ao correo a seguinte adiviña e poesía:

TEN UNLLAS AFIADAS
E O CORPO CUBERTO DE PELAXE,
AS ORELLAS PUNTIAGUDAS
E SÚBESE POLAS ALTURAS.

Poesía


O gato escada polas paredes,
tamén o gato salta,
e moi áxil como vedes,
e gana de xogar non lle falta.



Librín deixanos tamén unha canción da primavera



viernes, 22 de mayo de 2020

POETRY AND RIDDLES

Hoxe temos poesía e adiviña  escoitando o ben falado idioma do mestre Pablo. Por sorte podedes repetir en inglés as palabras do poema. Esperamos que vos guste moito.




Tamén temos os primeiros vídeos das familias, moitas grazas por compartir con todos nós.
Veremos quen adiviña.


Animadevos todas e todos a compartir as vosas adiviñas ou poesías con todas a nosa comunidade educativa.


E Librin deixanos unha canción :


jueves, 21 de mayo de 2020

DEITANDO POESÍA , ESPERTANDO ADIVIÑAS

A poesía de hoxe fala dos astros que rixen as nosas vidas, que marcan o paso do tempo. Os dous son igualmente importantes, tamén as persoas somos importantes en igualdade, con independencia do seu xénero.

Veremos si acertades quen se agocha detrais desta voz e cal é a solución a adiviña, adivinanza.



Librín tamén deixa unha canción:




martes, 19 de mayo de 2020

ENXUGANDO POESÍA E FIANDO ADIVIÑAS

Comezamos unha nova actividade, por que lembrámonos moito das nosas nenas e nenos. Así que nesta ocasión queremos compartir  a música das palabras, A POESÍA. Algunha seguro que podedes aprendela de memoria e recitala, como o imos facer aquí as vosas mestras e Pablo.
Tamén para facelo un pouco máis divertido imos contarvos unha adiviña, algunha sinxela e outras máis difíciles. Si sabedes a solución podedes escribila abaixo, pinchando onde está o lapis.

Esperamos que vos guste moito, moito esta actividade, pero tamén esperamos que participedes dende a casa coas vosas adiviñas e/ou poesías.

A primeira é unha mestra moi especial, pero aquí parece que lle sairon manchas.



Librín deixavos unha canción:




lunes, 18 de mayo de 2020

GALEGO EN FAMILIA

As nosas familias tamén participaron activamente dende a casa na celebración das Letras Galegas, con teatro,  pasapalabra,,,,que bo facer familias!!!, seguide así.

UN  PASAPALABRA  MOI  ESPECIAL:



TEATRO EN FAMILIA, AS OUTRAS PITAS:







A CURTA DE LIBRÍN:


CIGU





DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS



Hoxe é o Día Internacional dos Museos e para celebralo podedes visitar virtualmente diferentes Museos de Galicia


HISTORIAS FANTÁSTICAS DO MUSEO DE LUGO




E se premes na seguinte enlace

poderás acceder as actividades en liña que levará a cabo o Museo de Belas Artes da Coruña para o día de hoxe.




RECOMENDACIÓNS ARTlectoras:








 VISITA VIRTUAL AO MUSEO DO PRADO




domingo, 17 de mayo de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA


Para celebrar unha festividade tan importante para todas as galegas e galegos como é o
neste difícil ano 2020, no que non teremos con nós as nosas nenas e aos nosos nenos, queremos compartir con toda a  comunidade educativa o conto de Ricardo Carballo Calero, co que iamos a traballar nas aulas "AS PITAS BAIXO A CHOIVA", unha adaptación feita con moito agarimo 




Tamén queremos compartir as pitas tan fermosas que fixestes todas e todos dende a casa





viernes, 15 de mayo de 2020

VOCES EN GALEGO

 Escoitar  voces falando galego en familia, como lle gustaría ao autor homenaxeado este ano no Día da Letras Galegas, Ricardo Carballo Calero. Para coñecelo un pouco máis aquí tedes un telexornal elaborado polas nenas e nenos do CPI Plurilingüe de Dices ( Rois- A Coruña):


E a nosa proposta de hoxe parte dun fermoso libro de imaxes encadenadas, un clásico da literatura infantil, a partir do cal podedes ir inventando tantas historias como queirades, esperamos que vos guste moito e que o poñades en práctica, seguro que o pasades moi ben.

OH!



Tamén invitámosvos a participar na proposta do Concello de Viveiro polas Letras Galegas 2020 nunha Programación Especial para Redes Sociais. Unha das actividades consiste en:
DEDUXA  A TÚA PALABRA FAVORITA DA LINGUA GALEGA
Logo podedes subila  ás redes co hashtag  #Viveirocoasletras  ou pona na túa fiestra

Librín segue invitando a enviar vídeos con  cantigas, poesías ou adiviñas. Desexa moito vervos.



A curta de hoxe é:

BUFO








miércoles, 13 de mayo de 2020

QUEREMOS GALEGO

Seguimos a nosa andaina  achegándonos o día das Letras Galegas, tentando de recordar que esta é unha celebración para por en valor o noso idioma.

Deixamósvos un adianto do que será a nosa contribución a esta celebración o vindeiro venres.



E un poema musicado do autor homenaxeado este ano Ricardo Carbalho Calero



Librín   está agardando os vosos videos con poemas, adiviñas e/ou cantigas en galego
A curta de hoxe:


UN GATO NA ÁRBORE





AS LETRAS SONORAS

As letras da nosa lingua galega soan como música no vento, acompasadas e fermosas, fanse ainda máis na boca dos raparigos. Isto fainos soñar con que o noso idioma non esmoreza e poda ter un futuro, para asi non perder a nosa identidade, herdanzas dos noso ancestros.

Hoxe deixamos a poesía de Ángel:

   


Que tamén nos deixou unha adiviña, veremos que atina



Librín deixanos :

CARACOL E VERMIÑO





martes, 12 de mayo de 2020

CANTAS PALABRAS DE ANIMAIS EN GALEGO!

Cantas máis palabras descubrimos e as facemos nosas máis posibilidades teremos de poder pensar, soñar, contar,...asi é como imos aprendendo un idioma. Sin dúbida a nosa lingua está chea de fermosas palabras, verbas que aloumiñan, agariman, e nos enchen de ledicia... por iso é importante aprender cada día máis vocabulario en galego, xa que como decia o poeta Manuel María:
"Galicia somos nós: a xente e maila fala. Se buscas a Galicia en ti tes que atopala"

A proposta de hoxe é ir decindo, repetindo, ampliando vocabulario en galego. Convidámosvos a ver este conto e ir verbalizando o nome das imaxes e dos animais que vedes nel.

RESCATE ANIMAL





Librín deixanos coma sempre unha curta:

OS SETE CABRITOS



Lembrade seguimos esperando os vosos contos, cantigas,poesías, adiviñas,...

viernes, 8 de mayo de 2020

AS LETRAS, GALEGAS !!!!

O longo desta semana, SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020 adicada a Ricardo Carbalho Calero, recordaremos a importancia e a sorte que temos de ter dúas linguas , unha delas a que lle podemos chamar lingua nai: O GALEGO , por iso imos celebralo como cada ano.
Asi que  ademáis das  actividades proposta na nosa web no apartado de Normalización e Dinamización Lingüística, nas que esperamos a vosa participación. Tamén  Librín quere agasallarvos con contos e curtas en galego, pero gustarialle que AS FAMILIAS (pais, nais, irmáns, nenas, nenos, avós, avoas,..) nos enviedes algún video coas vosas propostas:
contos, teatro, poesías, adiviñas, cantigas,...en galego e para compartir con todas e todos, animádevos!!!

 Remataremos a semana cunha sorpresa final de todas as metras e Pablo, que estamos a preparar paseniño.

A primeira proposta, o teatro de Mariña :





E librín deixavos:
COCORICO AXUDA




Tamén vos propoñemos:

Obradoiro de teatro infantil con Teatro dos Ghazafelhos


Nestes talleres, Pepablo Patiño e Montse Piñón ou, dito doutra maneira, Teatro Ghazafelhos, desenvolverán pílulas teatrais en formato de taller online. Nelas proporán xogos e actividades vinculadas coa acción teatral e dirixidas a nenas e nenos a partir de 3 anos e persoas adultas acompañantes.


I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020


jueves, 7 de mayo de 2020

CONTACONTOS - 14º ENTREGA, sorpresa!

O último contacontos desta serie, virán outras, trata do importante que é ter amigos que che axudan nos malos momentos, fala tamén da colaboración e da aceptación das diferenzas.

Hoxe a contacontos é unha sorpresa para todas as nenas e os nenos, feito con moito agarimo, esperando que vos guste moitísimo, prensentamos:

A VACA QUE PUXO UN OVO



E Librin tamén deixa unha curta:


BAT TIME



Xa coñecedes aos animais domésticos, que viven na granxa e que nos dan moitas cousas leite,ovos,.. pero tamén no mundo existe millóns de especies de animais salvaxes diferentes, algúns coma Librín, fan vida nocturna, dormen de día e durante a noite saen dos seus agochos aproveitando que os seus depredadores descansan, ou para cazar máis fácilmente ás súas presas. Si queredes coñecelos preme nos enlaces do MAPAMUNDI:





CONTACONTOS -13º ENTREGA, expresar emocións

O conto de hoxe fala da importancia de expresar ó que sentimos, de sacar para fora as nosas inquedanzas e falar do que nos pasa, tanto nos momentos difíciles como nos alegres. Falar do importante que é chorar, non só de tristeza, tamén de ledicia.

E temos a sorte de que os contacontos de hoxe sexán unha  familia enteira, a profe Jacinta con LUCÍA, Lucas e Jose:

BÁGOAS BAIXO A CAMA


Jacinta dí que coma Simón, o neno do conto, podedes facer a vosa botella para gardar todas as bágoas que queirades, pero as de tristeza e as de ledicia, todas elas son importantes.

Librin tamén nos deixa unhas curtas:


A JOY STORY

TIN TOY

martes, 5 de mayo de 2020

CONTACONTOS - 12º ENTREGA, educar en valores.


 A segunda contacontos da semana presenta un conto que fala do respeto e a tolerancia cara aos que non son ou non pensan coma nós, xa que na sociedade todos sumamos. Parece que neste tempos complicados cada día é máis importante transmitirlle as novas xeracións que por moi diferentes que podamos ser, en todos os terreos da vida, todo resulta máis doado si traballamos xuntos por mellorar as cousas aparcando as diferencias.

Este conto é un clásico da Literatura Infantil e contao marabillosamente ben a profe Mercedes:


ELMER




O autor deste conto David McKee, como nos di Mercedes, basouse nas pinturas de Paul Klee, para coñecelo un pouco Librín deixanos estes videos:









CONTACONTOS - 11º ENTREGA, colaborar para protexer.

Comezamos de novo unha semana chea de contos, todos moi bonitos e que esperamos vos gusten, xa que están contados con moita ilusión e agarimo.
O primeiro conto  desta semana fala da necesidade de protexer a natureza, de protexer o planeta de xeito colaborativo ( de escola a escola, de comunidade a comunidade, de país a país,..), axudando uns e máis outros para protexernos a todos, a humanidade.

A profe que conta este conto tan colorido e fermoso  é Olalla e un pequeño mago axudante, Iago:

A  ÁRBORE  DA  ESCOLA


Recordade que Olalla convidanos a xogar as palabras fermosas, un bonito xogo, veremos cantas podemos decir cada un.

Librín tamén nos deixa  unhas curtas  sobre a necesidade de protexer os animais, moitos en perigo de extinción, de coidar a natureza e vida no planeta Terra para que todos podamos sobrevivir.


CHOIBA






MONSTERBOX



















LIBROS, COMIC, diversión asegurada.

 No DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR o noso centro encheuse de actividades:  -EXPOSICIÓN DOS COMICS DAS FAMILIAS, os que lian os nosos p...