martes, 28 de noviembre de 2023

POLO 25N

 A biblioteca encheuse de conversas e palabras boas e malas, falamos de violencia pero tamén de como combatila con palabras fermosas, plasmado todo nun enorme mural que visualizamos dende unha nova perspectiva, baixo a luz negra.


Asemade un dos grupos de 6º ofreceunos a súa interpretación do conto.

 O CHUVASQUEIRO DE AURORA






domingo, 26 de noviembre de 2023

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

 Para recordar e celebrar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia  este curso centrámonos nos dereito de tódalas nenas e nenos a ter unha familia, sumándonos  a iniciativa da ASEAF  coa realización do 

DÍA DO PIXAMA

en colaboración coa Asociación ACOUGO, realizando unha actividade para as familias dentro do programa LECTURA E FAMILIAS cun obradoiro moi emotivo e ilustrativo.







jueves, 2 de noviembre de 2023

ENFEITIZADA E DIVERTIDA

 A festa polo Samaín foi todo un éxito, pasámolo de MEDO. Tivemos xogos, trampas nos  corredores, contacontos, baile e coreografía coas familias e merendas moi, moi especiais. 

Tecendo comunidade, tivemos unha gran acollida por parte das familias a nosa invitación para participar tanto no adorno de cabazas como na elaboración de merendas e na festa do Samaín, e viñeron disfrazados ou con complementos terroríficos. Así disfrazados xogamos e bailamos todos xuntos,que ben o pasamos!!!

GRACIAS FAMILIAS!!!!










LIBROS, COMIC, diversión asegurada.

 No DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR o noso centro encheuse de actividades:  -EXPOSICIÓN DOS COMICS DAS FAMILIAS, os que lian os nosos p...