lunes, 20 de diciembre de 2021

SOLIDARIEDADE, A MELLOR PALABRA DE NADAL

 O día 20 de decembro celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA SOLIDARIEDADE HUMANA


Solidareidade é unha palabra da que nos lembramos especialmente no Nadal pero  debemos  axudar aos outros sin esperar nada a cambio durante todo o ano, pero tamén:

-escoitar aos demais.
-doar cousas materiais.
-acompañar aos nosos maiores.
-acoller animais abandonados,....

Librín  propón unha CITA A CEGAS cun conto que fala da maxía de axudar, de colaborar para conseguir un ben para todas e todos. Despois de visionar o conto poñedelle un título, deixade as vosas propostas en comentarios ( pinchando no lapis ao final desta entrada)


Tamén vos deixa un debuxo para colorear que representa a solidariedade 




O alumnado de 6º mandoulle a Librín un conto de Nadal para compartir coas compañeiras e cos compañeiros, espera que vos guste moito.



Por último unhas recomendacións lectoras para iluminar os días escuros de Nadal



con unha superproposta moi interesante para as mamás e os papás



miércoles, 8 de diciembre de 2021

ILUSIÓN, CARTA, XOGUETES,... PALABRAS AO CHEGAR O NADAL

 A campaña de Nadal deste curso leva por título

MÁIS XOGUETES, LIBROS E CONTOS E MENOS PANTALLAS

ten como obxectivo axudar as familias e ao noso alumnado a hora de escribir as cartas de Nadal cheas de ilusión e as veces de xoguetes influenciados pola publicidade.


Dentro desta campaña as familias recibistes folletos informativos sobre a seguridade dos xoguetes en colaboración coa Escola Galega de Consumo. 

Esperamos sexa de moita axuda as nosas propostas,






jueves, 2 de diciembre de 2021

PALABRAS AFORTUNADAS: XUNT@S , UNIDO@S E IGUAIS

 O  3 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE e dende a nosa escola, un curso máis, non podemos deixar de recordalo, aínda que o noso é un traballo diario en favor da DIVERSIDADE, DA IGUALDADE E DA INCLUSIÓN. 

Esta semana  tamén o Concello cololaborou a través de SUPERARTE coa contacontos CHARO PITA e o conto "La carrera"

Neste día queremos difundir proposta de Entidades sociais de toda Galicia unidas para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade  BAIXO O MESMO PARAUGAS,  animádevos a participar en familia

Librín dentro da actividade ANALIZANDO CONTOS E CURTAS deixa uns cortos e unhas preguntas para reflexionar, tanto no cole como nas casas, invítavos a deixar as vosas resposta no apartado comentarios.

BUSCADE OS VOSOS SUPERPODERES¡¡¡¡
     




PREGUNTAS:

Imaxínemos que xa pasou a pandemia e podemos volver abrazarnos e contestade as preguntas

1º - ONDE ESTÁ O OSO ?.

2º- SI O ATOPARÁS POLA RÚA EN VIVEIRO E CHE PEDIRA UN ABRAZO, QUE FARIAS?.

3º- É NECESARIO DISFRAZARSE PARA SER QUERIDO?.



LIBROS, COMIC, diversión asegurada.

 No DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR o noso centro encheuse de actividades:  -EXPOSICIÓN DOS COMICS DAS FAMILIAS, os que lian os nosos p...