sábado, 9 de marzo de 2024

8 M, UNHA DATA NECESARIA

 Hoxe, mañá e sempre, como dín as Tanxugueiras, polas nais, polas fillas,...polas mulleres todas necesitamos seguir recordando a importancia de traballar por unha sociedade en igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres. Por iso dende a biblioteca seleccionamos contos que se contaron nas aulas, cantamos cancións, fixemos pulseras coa cor revindicativa  e o alumnado de 6º representou o conto "ÉRASE DÚAS VECES A RATIÑA FACHENDOSA".








Para completar esta data a vindeira semana teremos con nós a Marisa Irimia



jueves, 29 de febrero de 2024

FALANDO NA LINGUA NAI A TRAVÉS DE ROSALÍA

 Dende a selección de contos e poemas  de Rosalía de Castro que fixo o equipo da biblioteca traballamos nas aulas en torno a dúas importantes celebracións, O DÍA DA LINGUA MATERNA e O DÍA DE ROSALIA.



lunes, 19 de febrero de 2024

SEMENTANDO A CURIOSIDADE CIENTÍFICA

 Polo DÍA INTERNACIONAL  DA MULLER E A NENA NA CIENCIA dende a biblioteca, un curso máis, tentamos achegar a curiosidade científica a través do vínculo emocional da nais, así celebramos a II SEMANA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, con tódalas mamás que desexan participar. Veñen ao centro e realizan todo tipo de experimentos, conectando coas nenas e cos nenos realizan experimentos de todo tipo que despertan a curiosidade infinita e o gusto pola ciencia. 

Unha actividade que tivo moitísimo éxito o ano pasado e que este vai polo mesmo camiño, unha maneira especial de SEMENTAR FUTURO E TECER COMUNIDADE, e quen sabe moitas científicas no futuro.

 





Nesta semana especial, do 19 ao 23 de febreiro, como broche final  dentro das actividades da BIBLIOTECA CREATIVA contaremos con ELENA  INSUA  E  ALMUDENA  ALONSO cun obradoiro que leva por título:   
 
BorranchoBot: Descubrindo a electricidade a través da arte


LIBRÍN RECOMENDA:







jueves, 15 de febrero de 2024

ENTROIDO EMOCIONADO

 Acorde co noso proxecto EMOCIONA-T  partindo da biblioteca e dos contos do Monstro de Cores, co apoio  da BIBLIOTECA CREATIVA, cos obradoiros de cabezudos e da nosa comunidade educativa  realizando  parte dos disfraces levamos a cabo un superentroido EMOCIONADO.








domingo, 4 de febrero de 2024

BANDEIRAS BRANCAS DA PAZ

 Xunto con outros centros veciños decidimos traballar de maneira conxunta a celebración do DÍA DA PAZ ESCOLAR coa prosposta de BANDEIRAS BRANCAS DA PAZ, por un "alto el fuego" en todo o mundo. Así s maioria dos centro da MICRORREDE DA MARIÑA fixemos diversas propostas e enchemos de bandeiras brancas a Mariña lucense.



A nosa proposta foi coñecer os diferentes símbolos cos que identificamos a PAZ coa colaboración das familias, un mural con eses símbolos realizados mitade na escola e mitade en familia, un obradoiro de confección de bandeiras  que colocamos por todo o centro, asemade colocamos de gran tamaño no entrada ao centro.










domingo, 17 de diciembre de 2023

NESTAS FESTAS AGASALLA DIVERSIÓN

 Neste Nadal o equipo docente escolleu uns contos e xogos que vos queremos recomendar e que poden ser un bó agasallo nestas festas.



 
 







sábado, 16 de diciembre de 2023

NADAL, DOCE E DIVERTIDO NADAL

 Neste Nadal tan especial  colaboramos e participamos no Mercadillo Solidario de DOMUS VI co fin de recaudar fondos para CRUZ VERMELLA. 



Estamos aprendendo panxoliñas coa autoría do noso amigo e compañeiro Iván Vale. Rescatamos contos de Nadal doutros anos ( podedes ensaiar as panxoliñas e volver a velos os contos pinchando AQUÍ ).

Estamos a facer moitos obradoiros ben interesastes para facer adornos de Nadal, sorpresas para o Apalpador, Papá Noel ou os Reis Magos. Recuperamos a tradición de enviar tarxetas de Nadal.

Tamén nos visitou a APALPADORA, coa colaboración da Deputación de Lugo, que nos contou e cantou moitas historias fermosas e nos recordou a importancia do amor a natureza.




8 M, UNHA DATA NECESARIA

 Hoxe, mañá e sempre, como dín as Tanxugueiras, polas nais, polas fillas,...polas mulleres todas necesitamos seguir recordando a importancia...