Acorde co noso proxecto EMOCIONA-T partindo da biblioteca e dos contos do Monstro de Cores, co apoio da BIBLIOTECA CREATIVA, cos obradoiros de cabezudos e da nosa comunidade educativa realizando parte dos disfraces levamos a cabo un superentroido EMOCIONADO.
"A lingua escrita non atopou aínda ningún camiño máis atractivo, máxico e cheo de cor como os libros de contos", Gianni Rodari
jueves, 15 de febrero de 2024
sábado, 16 de diciembre de 2023
NADAL, DOCE E DIVERTIDO NADAL
Neste Nadal tan especial colaboramos e participamos no Mercadillo Solidario de DOMUS VI co fin de recaudar fondos para CRUZ VERMELLA.
Estamos aprendendo panxoliñas coa autoría do noso amigo e compañeiro Iván Vale. Rescatamos contos de Nadal doutros anos ( podedes ensaiar as panxoliñas e volver a velos os contos pinchando AQUÍ ).
Estamos a facer moitos obradoiros ben interesastes para facer adornos de Nadal, sorpresas para o Apalpador, Papá Noel ou os Reis Magos. Recuperamos a tradición de enviar tarxetas de Nadal.
Tamén nos visitou a APALPADORA, coa colaboración da Deputación de Lugo, que nos contou e cantou moitas historias fermosas e nos recordou a importancia do amor a natureza.
martes, 28 de noviembre de 2023
POLO 25N
A biblioteca encheuse de conversas e palabras boas e malas, falamos de violencia pero tamén de como combatila con palabras fermosas, plasmado todo nun enorme mural que visualizamos dende unha nova perspectiva, baixo a luz negra.
Asemade un dos grupos de 6º ofreceunos a súa interpretación do conto.
O CHUVASQUEIRO DE AURORA
jueves, 2 de noviembre de 2023
ENFEITIZADA E DIVERTIDA
A festa polo Samaín foi todo un éxito, pasámolo de MEDO. Tivemos xogos, trampas nos corredores, contacontos, baile e coreografía coas familias e merendas moi, moi especiais.
Tecendo comunidade, tivemos unha gran acollida por parte das familias a nosa invitación para participar tanto no adorno de cabazas como na elaboración de merendas e na festa do Samaín, e viñeron disfrazados ou con complementos terroríficos. Así disfrazados xogamos e bailamos todos xuntos,que ben o pasamos!!!
GRACIAS FAMILIAS!!!!
lunes, 30 de octubre de 2023
UNHA ESCOLA ENFEITIZADA
Unha escola enfeitizada e moi divertida, coa colaboración das familias celebramos o Samaín máis fantasmagórico dos últimos anos. Temos unha exposición coas cabazas que trouxeron as nenas e os nenos feitas con moita ilusión e alegría, fixeronas coa axuda das súas familias. Ao seu carón Librín deixou unha selección de contos de pantasmas e de medo para ir lendo nas aulas, nas casas ou na biblioteca, unhas recomendacións lectoras ben interesantes.
Para rematar invitamos as familias a vir a nosa festa do Samaín a cantar, bailar e xogar cunha soa condición, é necesario disfrazarse, maquillarse ou aderezarse para asustar un pouquiño.
martes, 28 de marzo de 2023
INCLÚE-T
O mes de marzo estivo cargado de celebracións e de poesía, nesta última semana tivemos dúas actividades moi emocionantes:
- o encontro cun poeta amigo, Xoán Neira, que nos presentou o seu último libro co que estamos a traballar nas aulas "CALENDARIO POÉTICO".
-a celebración do DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN, este ano co lema "NON SOMOS UN ESTEREOTIPO, SOMOS MOITO MÁIS", coa colaboración da Asociación Down Lugo que nos trouxo un espectáculo de monicreques con sombras chinesas,"ELMER" . E moitas outras actividades coas que axudar na sensibilización e visibilización de todas as persoas con este síndrome e do noso amigo e compañeiro Alex.
https://www.instagram.com/p/CqWTiM3t9PF/?igshid=MDJmNzVkMjY=
viernes, 24 de febrero de 2023
ROSALIA COA NOSA LINGUA NAI
Para celebrar o DÍA DA LINGUA MATERNA , este ano co lema "EDUCACIÓN MULTILINGÜE: o necesario para transformar a educación", tamén para o DÍA DE ROSALÍA seguimos a iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega ( AELG ) e a partir da mesma elaboraremos un mural asociando imaxes e palabras en galego.
A asociación propón desde 2010 á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas.
Nas aulas tamén elaboramos caroutas coa cara de Rosalía
sábado, 11 de febrero de 2023
MAMÁS COA CIENCIA
Está semana para celebrar o 11 de febreiro DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA a nosa escola encheuse de mamás que nos axudaron despertar o interese pola ciencia nas aulas con unha morea de experimentos moi ben artellados. Dende aquí queremos dar as gracias a todas as mamás que participaron e a todas as outras que aínda querendo non puideron acompañarnos.
Foi unha semana de emocións e ilusións por tan númerosas visitas que axudaron no despertar do interese polo pensamento científico, contribuíndo a que no futuro as nosas nenas e os nosos nenos sigan experimentado, e quen sabe igual sigan carreiras científicas e realicen descubrimentos importantes para a humanidade. Plantamos a semente , MOITAS GRAZAS A TODAS.
viernes, 27 de enero de 2023
ESCRIBINDO POLA PAZ
Celebrando o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ con actividades que nos levan a fomentar a tolerancia e nos axudan CONVIVIR.
Reutilizamos muestrarios de papeles pintados, donados por unha empresa da nosa localidade, os nenos e as nenas elexiron os papeis e neles picaron pombiñas que levaron as súas casas , nestas pombas as familias escribiron mensaxes pola paz. Con elas formamos o noso TENDAL POLA PAZ e o día 30 recordaremos a necesidade de traballar diariamente pola convivencia pacifica e cada familia pode recoller no tendal o mensaxe da pomba que desexe.
O alumnado de 6º realizou un fermoso conto para compartir con todos e todas:
O HOMILLO DE PAPEL
O 2023 é o 50 aniversario da morte de Picasso por iso nós estamos a traballar a súa obra, neste caso as súas pombiñas da PAZ
![]() |
OUTUBRO, ESCRITORAS AMIGAS
Comezamos un mes importante para a biblioteca de Librín, a bilioteca enchese de familias e de movemento, saen as mochilas viaxeiras e comez...
-
Aproveitando a chegada da estación escura e a celebración do Samaín preparamos no cole moitos xogos, contacontos, murais, actividades, unha...
-
O 3 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE e dende a nosa escola non podemos deixar de recordalo cada ano, ainda...
-
Dentro do noso proxecto de innovación IGUÁLA-T non podia faltar a celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER , ainda que o traballo en...


















































