Durante todo este mes realizamos todo tipo de experimentos, a curiosidade das nenas e dos nenos convirteu a maxia en ciencia e moitas veces fixeron hipóteses moi acertadas.
A coeducación, a educación en igualdade sen discrminación é a mellor forma de mellorar a sociedade e de prevenir a violencia por razón de xénero por iso dende a biblioteca Librín deixanos unhas recomendacións lectoras.
E dende a biblioteca creativa argallamos un obradoiro de tecido inspirándonos nunha muller referente no eido artístico Louise de Bourgeois, invitando as nosas avoas a participar tecendo e reparando como temos que facer como sociedade.
Vimos de celebrar o Samaín cunha morea de actividades que teñe como telón de fondo unha das máis importantes emocións que sentimos O MEDO. Este curso apareceu o medo AS ARAÑAS que tecen e tecen senparar e que será un dos fios conductores do traballo deste trimestre a partir desta festa e do contacontos da bruxa que apareceu na biblioteca para contarnos 8 PATAS de Ana Meilán. Así será como Luci, a araña do conto que cambia o seu destino nos impulse a coñecer o traballo dunha artista que como esa arañiña tece e tece e logo cambio o seu camiño, LOUISE DE BOURGEOUS.
Aquí podedes ver un vídeo do ben que o pasamos, xa que o medo tamén da risa.
Non só disfrutamos co contacontos tamén coas actividades e obradoiro da BIBLIOTECA CREATIVA, baixo a luz negra.